"Perez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • GALICIA

    Interventor da Aduana de Vigo e xefe do negociado de Facenda. Realizou análises estatísticas das balanzas comerciais dos países que consideraba esenciais para a economía española. Escribiu Ligeros apuntes sobre el impuesto de Aduanas (1875), Estudios acerca de las relaciones mercantiles entre España y Portugal (1880), Nuestras relaciones comerciales aduaneras con el Imperio de Marruecos (1883), Nuestras relaciones comerciales con las Islas de Cuba, Puerto Rico y Filipinas (1893) e El progreso comercial de Vigo (1893). Recibiu a orde de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, escritor e xornalista. Coñecido como José Martí, foi líder da independencia cubana e, desterrado a España (1875), escribiu textos políticos. Fundou a Revista Venezolana e dirixiu Patria de Nova York. Representou consularmente a Arxentina, Uruguay e Paraguay en Nova York, cidade na que fundou o Partido Revolucionario Cubano e desde a que preparou activamente a insurrección cubana con Antonio Maceo e Máximo Gómez. Con este último asinou o Manifiesto de Montechristi (1895), onde sentaron as bases programáticas da Guerra de Independencia de Cuba. Foi un escritor romántico e precursor do modernismo. Da súa produción literaria destacan Versos Sencillos (1891) e Ismaelillo y versos libres (1892). No campo do ensaio político escribiu Nuestra América, e dos seu libros propagandísiticos destacan El presidio en Cuba (1871) e La república española ante la revolución cubana (1873). En 1895 recibiu o grao de maior xeneral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, fillo de Pero Soarez Alvin e medio irmán do trobador Johan Lobeira. Permaneceu activo a finais do XIII e no primeiro cuarto do s XIV. Estivo na corte de don Denís e na de Sancho IV de Castela, e foi vasalo do infante Afonso, futuro Afonso IV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana recollen sete cantigas de amor da súa autoría, unha delas dialogada, aínda que dunha só se conservan dous versos. Entre estas composicións destacan “Dizer-vos quer’ a gram coyta d’ amor” e “Senhor fremosa, que de coraçon”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi director da Escola de Práctica Xurídica e secretario do Instituto de Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu El delito fiscal (1982), La circunstancia agravante de precio, recompensa o promesa (1983), Consideraciones en torno a la creación de un delito relativo a la publicidad engañosa (1984), La Reforma de los delitos contra la propiedad en la ley orgánica del 25 de junio de 1983 (1984) e Las condiciones objetivas de punibilidad (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. De formación autodidacta, participou nos espectáculos Saxo Tenor, con Teatro do Aquí, A lagarada co Centro Dramático Galego e Na soedade dos campos de algodón, A casa de América e As presidentas, coa compañía A Factoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Coñecido como Juan Antonio Martínez Sevilla, traballou como avogado e funcionario na Deputación da Coruña e foi profesor na Escola de Relacións Laborais da Coruña. Escribiu Pompas humanas (1952), La manzana podrida (1957), Guía de La Coruña (1964), Ensayo sobre vocación política (1972), Memorias de un gobernador civil (1974), RH negativo (1976), La ciudad de los mares de esquina (1984) e El caballo de cartón (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Propagandista societario. Participou no obreirismo coruñés e dirixiu a sociedade de oficios varios La Heterogénea. Foi un dos fundadores do agrarismo de carácter libertario nos arrabaldes da Coruña e participou na creación de Unión Campesina (1907). Fundou a Asociación Galaica de Instrución Racionalista 13 de Octubre en Cuba e, a finais da década de 1920, retomou a actividade agraria creando no período republicano a Unión Mutualista Campesina no contorno coruñés e nas bisbarras das Mariñas e Bergantiños. Foi pioneiro do asociacionismo veciñal nos barrios do extrarradio, alentando o colectivo Unión de Barrios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Coñecido como Das Pastoras, comezou a súa andaina no fanzine Zero Cómics (1981-1984), en Barcelona. Colaborador das revistas El Víbora (1983) e Comix Internacional (1984), creou para Zona 84 as series “El futuro nuestro de cada día” e “Guerreros”. Colaborou no semanario Más madera! e nas revistas Europa Viva e Madriz. En 1992 iniciou a súa serie máis extensa, “Kafre”,   editada en El Jueves. Desde 1998 seguiu a súa carreira individualmente no diario El Mundo e produciu, en colaboración con Carlos Portela, a serie “Os heresiarcas”, publicada en EE UU como “Deicide”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Especializouse en pintura, cerámica e gravado, e desde 1966 realizou numerosas exposicións individuais e colectivas. Ilustrou a novela de Paco de Tano, Unha xanela ao bío (2003) e da súa obra destaca Martelo bermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. A súa actividade e entrega á causa galeguista centrouse no aspecto artístico, nas iniciativas culturais e na política. Dirixiu o grupo de teatro Cativezas (1923-1925). De 1932 a 1936 popularizou o famoso personaxe de O vello dos contos, do que se valeu para desenvolver un labor cultural importante na emisora santiaguesa Unión Radio Galicia e para facer campaña a favor do Estatuto de Galicia de 1936. No período de posguerra centrouse en recuperar a figura de Rosalía de Castro, e mesmo promocionou a creación do Patronato, do que foi presidente. En 1952 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e investigador. Foi cronista oficial da Coruña, bibliotecario da Real Academia Galega a partir de 1942 e pertenceu á redacción de La Voz de Galicia. Centrouse en traballos de investigación literaria sobre Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Da súa produción destacan O traxe (1964), Los poetas gallegos y Curros Enríquez (1970) e El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía (1974). Realizou tamén estudos históricos e artísticos, dos que destacan Calles y plazas coruñesas (1970) e diversos artigos en publicacións como Abrente e Coruña, paraíso del turismo. Académico correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, gañou dous premios no concurso promovido pola Real Academia Galega para celebrar o centenario do nacemento de Andrés Martínez Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militou na Federación Socialista Catalana do PSOE (1913-1919), mais foise aproximando cara ao anarcosindicalismo. Delegado polo Sindicato de Profesionais Liberais da Confederación Rexional de Cataluña no segundo congreso da CNT, defendeu activamente as directrices da revolución rusa e a adhesión da CNT á Terceira Internacional. En Barcelona, militou na Oposición Comunista Española e conduciuno cara á autonomía organizativa, a Esquerda Comunista, que formaría o Partido Obrero de Unificación Marxista (1935), do que foi secretario ao inicio da Guerra Civil Española. Escribiu Les anarchistes et le mouvement syndical (1924), Les ditadures dels nostres dies (1930), El proletariado español ante la revolución (1931) e Els moviments d’emancipació nacional (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Puido relacionarse coa corte de Don Denís (1279-1325). Pertencente á liñaxe dos Sandeu, foi descendente de Egas Mendez, fillo dun cabaleiro asturiano. Da súa produción, atopada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional e da Vaticana, consérvanse seis cantigas de amigo, tituladas “Ai, filha, o que vos ben queria”, en que o diálogo de nai e filla se realiza nun novidoso espazo urbano; “Ai, mia madre, sempre vos eu roguei”, “Deus, por que faz meu amig outra ren”, “Madre, pois non posso veer”, “Porque vos quer eu mui gran ben” e “Madre, disseron-mi ora que ven”. Todas as composicións seguen o esquema propio da escola do autor, cunha tendencia ao emprego da estrofa de seis versos, e unha preferencia polo esquema de rima abbaCC. Tematicamente, trata o amor contrariado pola firme vontade da nai, á que responde a amada coa loita ata a propia morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Master of Science en Mellora Xenética Vexetal pola Universidade de Minnesota (1973) e doutor en Enxeñaría Agrónoma pola Universidad Politécnica de Madrid (1974), foi científico titular (1975-1988) e investigador (1988-2000) do CSIC, director da Misión Biológica de Galicia (1987-1989 e 1991-2002), e profesor de investigación e coordinador institucional do CSIC en Galicia desde 2000. Desenvolveu catro variedades de millo de uso comercial e fixo posible a creación dun banco de xermoplasma de millo e do xénero Brassica, de orixe galega, a única no mundo. Ten publicados máis de 104 traballos sobre a súa especialidade en revistas de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, fillo de Eugeni d’Ors i Rovira. Foi catedrático e especialista de Dereito Romano nas universidades de Granada (1943), Santiago de Compostela (1944) e Navarra (1961). Das súas obras destacan Presupuestos críticos para el estudo del derecho romano (1943) e Derecho privado romano (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou en Radio Miramar de Barcelona (1980), de onde pasou á COPE, onde dirixiu e presentou Crónica del alba (1983), e despois a TVE, onde foi responsable dos programas Una historia particular (1987), 3 X 4 (1988-1989) e La Luna. En 1991 dirixiu e presentou La Ronda en TVE-1 e volveu á radio con La radio de Julia (1991-1999) en Onda Cero. Desde outubro de 2000 dirixiu e presentou La Columna en TV3 para volver a TVE en 2004 co programa Las cerezas. Recibiu o Premio Ondas (1989 e 1994), a Antena de Oro (1989 e 1994), o Premio da Asociación Profesional de Prensa, Radio e TV (1999) e o Premio Micrófono de Oro (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Defensor dos ideais socialistas, fundou en Mosteiro a Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos, baixo os auspicios da UGT. Redactou os regulamentos e estatutos deste novo partido, legalizado o 2 de outubro de 1933. Foi correspondente do xornal La Voz de la Verdad e escribiu o folleto pedagóxico Didáctica modernista (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Antón Patiño Regueira. Coñecido como Antón Patiño, formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1974-1979). Na década de 1970 participou nas mostras artísticas da praza da Princesa de Vigo e relacionouse cos poetas do grupo Rompente. En 1980 viaxou a Nova York con Menchu Lamas, Ánxel Huete e Guillerme Monroy, e coñeceu o expresionismo abstracto. Ao regreso fundou con eles o colectivo Atlántica. As súas propostas artísticas partiron do expresionismo abstracto de gran forza colorista, xestual e expresiva e derivaron, especialmente desde a década de 1980, na realización de grandes series monográficas secuenciais. Desde esta década, as referencias abstractas da súa pintura deixaron paso á representación de motivos vexetais (Palmeira dobre, 1983) e marítimos (Beira do océano, 1999). Especialmente características foron as súas representacións de máscaras (Dobre rostro, 1983; Orixe-entroido, 1984) e figuras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Fundou e dirixiu a Escuela de Teatro Juvenil Periférico de Montevideo. Traballou como actor de dobraxe e como actor teatral para o Centro Dramático Galego, e participou nas obras A Lagarada (1992), Saco y Vanzzetti, Pluto, La gaviota e El gorro de Cascabeles. Recibiu o Premio Florencio (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Historia da Arte e especializado no mundo audiovisual, desde 1992 é programador do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Foi coordinador do Dicionario do cine en Galicia (2002), de Audiovisual Galego 2003 (2003) e, xunto a José Luis Castro de Paz, das monografías sobre Camilo Xosé Cela, María Casares e Fernández Flórez. Ademais de participar nos volumes dedicados a Antonio Casal, Manuel Mur Oti e Gonzalo Torrente Ballester, publicou La Coruña y el cine: 100 años de historia, vol. II (1996), Ramón Torrado, cine de consumo no franquismo (2003) e El espíritu de la colmena (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO