"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
autogamia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da célula ou do organismo que presenta autopoliploidia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliploide estable producido por unha multiplicación da dotación cromosómica dunha especie determinada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa establecida por unha lei de 1968 para facilitar a programación do territorio que se prevía que sería afectado polo crecemento de Barcelona. Esta delimitación, sen embargo, quedou sen efecto a nivel práctico. Actualmente se identifica coa área metropolitana de Barcelona o ámbito de actuación que foi definido no Plan Comarcal do 1953.
-
GALICIA
Escritor, xornalista e pintor. Realizou estudios de peritaxe mercantil. Emigrou a Bos Aires en 1890 onde traballou como funcionario. Colaborou en diversos xornais como El País, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, etc. Cultivou simultaneamente o teatro, a novela, a crítica de arte e a pintura. Na súa produción destacan as obras: Labor de araña (1907), Los nervios (1908), Espigas sueltas (1903) e El pintor Dionisio Fierros (1908). Ao seu retorno a España publicou La leña de la vida (1914), El premio (1915), Don Juan de América (1924) e Fixo ben? (1899), relato en prosa e a súa única achega en galego. Como pintor destacou como paisaxista e autor de mariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Creou un procedemento de papel negativo a base de ioduro de prata. Adiantou o daguerrotipo. Xa desde 1837 experimentaba coa cámara escura e con papel fotosensible, desenvolvendo un traballo semellante ao que facía Talbot. A partir de 1842 competiu cos calotipistas ingleses e en 1855 inaugurou un estudo fotográfico para retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Conde de Berchtold. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1912 e 1915, dende onde promoveu a intervención austríaca nos Balcáns e o acordo co Imperio Alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra francés. Sentiuse atraído polo método hipnótico de Liébeault, con quen creou a escola psicolóxica de Nancy. Escribiu De la suggestion et de ses applications à la thérapeutique (Sobre a suxestión e as súas aplicacións á terapéutica, 1886) e Hypnotisme, suggestion, psychothérapie. Études nouvelles (Hipnose, suxestión, psicoterapia. Novos estudios, 1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Polinomios ¦µn(x) definidos polo desenvolvemento
FORMULA
En termos dos n¨²meros de Bernoulli expr¨¦sanse como
FORMULA2
Os polinomios de Bernoulli empr¨¦ganse en f¨®rmulas de integraci¨®n num¨¦rica e en c¨¢lculo de diferencias finitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira edición políglota da Biblia. Foi promovida polo cardeal Francisco Jiménez de Cisneros e encargada á Universidade de Alcalá. A obra estampouse entre o ano 1514 e o 1517, pero só se puido difundir despois de que León X outorgase a autorización no ano 1520. Consta de 6 volumes. O texto latino ía acompañado do grego, do hebreo, do dos Setenta e do Targum de Onkelos, con versións interlineais e literarias en latín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición políglota da Biblia patrocinada por Filipe II e dirixida por Benito Arias Montano. Baseada na edición da Complutense, introduciu numerosas correccións. Publicada entre o 1569 e o 1573, consta de 8 volumes.
-
PERSOEIRO
Poeta occitano. Contrario ao movemento e á ortografía dos felibres, é autor de fábulas escritas á maneira de La Fontaine. Publicou Les rêves du foyer (Os soños do fogar, 1860) e Li bourgadieiro (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Macromolécula de elevado peso molecular, formada pola repetición dunhas unidades básicas chamadas monómeros, que é sintetizada bioloxicamente. Son biopolímeros os ácidos nucleicos, as proteínas, os lípidos e os polisacáridos.
-
-
Estudio das correlacións existentes entre a estrutura corporal dos individuos e as súas características psicolóxicas e patolóxicas, co fin de agrupalos segundo uns patróns básicos ou biotipos. Elaboráronse moitas biotipoloxías desde as tentativas iniciais de Hipócrates, pero a máis coñecida é a do alemán Ernst Kretschmer, que describiu os tipos leptosomático (ou asténico), pícnico e atlético e que engloba os que non se inclúen nesta clasificación baixo o nome de displásicos. Os tipos leptosomático e pícnico corresponderíanse cos psicotipos esquizotímico e ciclotímico, respectivamente. Os demais non presentan unha correspondencia tan clara. Outra biotipoloxía, utilizada nos países anglosaxóns, é a de William H. Sheldon, que distribúe os suxeitos nos grupos endomorfo, mesomorfo e ectomorfo, segundo a folla blastodérmica que predomine.
-
Sistema de clasificación biotipolóxica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á biotipoloxía.
-
-
Que posúe dous polos ou que se determina tendo en conta dous puntos fixos.
-
-
Aplícase ao conmutador, interruptor, etc, que actúa sobre dous polos ou dúas fases de corrente.
-
Máquinas dinamoeléctricas que dispoñen de dous polos no seu circuíto magnético.
-
-
Coordenadas dun punto nun plano, definidas ao dar as súas distancias a dous puntos fixos chamados polos.
-
Curva plana que pode definirse como o conxunto de puntos que teñen unhas coordenadas bipolares, respecto a dous focos F e F’, que satisfán unha determinada relación, chamada ecuación bipolar da curva. Exemplos dela son a elipse e a hipérbole.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de bipolar.
-
-
Acto ou efecto de converterse en bipolar.
-
Concentración das ideoloxías políticas dun país en dous bloques que se opoñen como polos.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Típico expoñente da época clasicista da literatura rusa, fíxose famoso co poema Dušenka (1775), imitación da Psyché de Lafontaine.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo francés. Cultiva as escenas aristocráticas e galantes, os temas revolucionarios, o retrato e as escenas de xénero. Adoptou a litografía en 1823. Entre as súas obras destacan: L’arrivée de la diligence (A chegada da dilixencia, 1803) e Distribución de víveres nos campos Elíseos (1822).
VER O DETALLE DO TERMO