"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • IGREXAS

    Igrexa románica da segunda metade do s XII situada na parroquia do mesmo nome. O edificio ten unha única nave da que só se conserva a ábsida rectangular, cuberta por unha bóveda de canón, e os paramentos laterais como exemplos da súa traza románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 50 xoias de ouro e prata da segunda Idade do Ferro, considerado unha das mellores mostras da ourivería prerromana da submeseta norte e do noroeste da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atar dúas ou máis cabalerías de forma que anden en ringleira, unha detrás doutra.

    2. Fuxir un animal por causa da calor ou dos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser asegurado.

    2. Que é susceptible de ser garantido por un seguro, tanto desde o punto de vista legal como desde o da técnica aseguradora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bile negra, considerada antigamente a causa da hipocondría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De bile negra, hipocondríaco.

    2. De carácter difícil ou irascible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode aturar ou soportar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Siberia Occidental, Rusia, limitada ao L e ao O polos vales do Ob’ e do Irtyš respectivamente, ao S pola estepa de Kulundina e ao N pola rexión de Vas’uganje. Chaira de 117.000 km2, está cuberta na súa maior parte pola vexetación propia da estepa, e conta con numerosos lagos, entre os que destaca o Chani, con 3.612 km2 de superficie. Os seus principais núcleos urbanos son Barabinsk e Tatarsk. A poboación autóctona é de orixe tártara. Dende o tempo dos tsares, e tamén no dos soviets, foi un dos lugares aos que se enviaban os disidentes políticos e os delincuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña da India, ao N de Gayā, onde existen uns hipoxeos de planta máis ou menos redonda, escavados nos gneis, datados no s III a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción italo-norteamericana realizada en 1962 e dirixida por Richard Fleischer. Foi interpretada por Anthony Quinn, Vittorio Gassman, Silvana Mangano e Harry Andrews. Filme onde se trata a vida deste famoso preso, un tanto longo e irregular, cun luxoso reparto e certo interese á hora de analizar a súa biografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto neoclásico. Iniciou, no 1818, a urbanización da Xénova moderna (antiga Via Carlo Felice e Piazza delle Fontane Marose) e construíu o Palazzo dell’Accademia Lingustica e o Teatro Carlo Felice (1826-1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos barabras ou á súa lingua.

    2. Individuo dalgunha das poboacións nubias de barabras.

    3. Poboacións nubias do Nilo medio, entre Exipto (sur de Aswān) e Sudán (a rexión setentrional). Practican principalmente a agricultura e emigran en gran número ás cidades de Exipto como serventes ou pequenos mesteirais. A manifestación relixiosa tradicional destes pobos é a islámica. Non obstante , formaron parte dos núcleos cristiáns de Nubia que non foron islamizados ata o s XIV, cando se infiltraron tribos nómades árabes que, ao final do século, fundaron o Reino de Funj, que perdurou ata o inicio do s XIX. A súa lingua, chamada tamén nuba, pertence ao grupo chari-nilótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o santuario budista de Borobudur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa desasosegada ou rapaz traveso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo o Evanxeo, delincuente encarcerado en Xerusalén, probablemente por motivos políticos, en tempos de Poncio Pilato. Os xudeus demandaron que fose indultado, con motivo da Pascua, ao tempo que esixían a crucifixión de Xesús de Nazaret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión ou acción insensata, provocada moitas veces por falta de prudencia, que pode causar un prexuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romanesa, tamén coñecida como Besarab, que reinou no Principado de Valaquia dende o 1330 ata o 1658. En 1695 o Príncipe Constantino II, Príncipe de Brancovan (Brîncoveanu), tentou, sen éxito, conquistar novamente a súa independencia. As extensas posesións da familia na Moldavia oriental fixeron que a rexión tomase o nome de Besarabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe beneditino e erudito. As súas numerosas obras latinas danlle un lugar moi importante na primeira Idade Media, que a través da Escola de York e Alcuíno converxen no denominado renacemento carolinxio. Entre as súas obras teolóxicas cómpre salientar as esexéticas, de tendencia alegórica e espiritual, pero temén de alto contido literario e de crítica textual. Cómpre destacar as Homilías. Introduciu na literatura histórica o sistema de datar os feitos a partir do nacemento de Cristo. Destaca a Historia eclesiastica gentis anglorum (Historia eclesiástica do pobo inglés), unha historia de Inglaterra dende a ocupación romana ata o 731. Tamén escribiu obras de gramática e científicas e no eido literario unha serie de obras poéticas, moitas delas perdidas. Foi canonizado en 1899. Festa: 27 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO