Beda, o Venerable san
Monxe beneditino e erudito. As súas numerosas obras latinas danlle un lugar moi importante na primeira Idade Media, que a través da Escola de York e Alcuíno converxen no denominado renacemento carolinxio. Entre as súas obras teolóxicas cómpre salientar as esexéticas, de tendencia alegórica e espiritual, pero temén de alto contido literario e de crítica textual. Cómpre destacar as Homilías. Introduciu na literatura histórica o sistema de datar os feitos a partir do nacemento de Cristo. Destaca a Historia eclesiastica gentis anglorum (Historia eclesiástica do pobo inglés), unha historia de Inglaterra dende a ocupación romana ata o 731. Tamén escribiu obras de gramática e científicas e no eido literario unha serie de obras poéticas, moitas delas perdidas. Foi canonizado en 1899. Festa: 27 de maio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Wearmouth, Northumbria