"Rafael" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 122.

  • PERSOEIRO

    Novelista mexicano. Preocupado pola revolución, a figura de Pancho Villa inspirou unha gran parte da súa obra, da que destaca Memorias de Pancho Villa (1923), El feroz cabecilla (1928) e Se llevaron el cañón para Bachimba (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Ávila (1799-1801) e de Santiago de Compostela (1801-1821). Defendeu o absolutismo e constituíu a Xunta de Santiago de Compostela que presidiu, tras o alzamento popular de 1808 e que se enfrontou á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Apoiou aos antinapoleónicos e, coa chegada dos franceses, formou parte da Xunta Suprema de Galicia e exiliouse a Portugal (1809), volvendo a ocupar a sé compostelá tras a restauración de Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Comezou a xogar aos catro anos co seu tío Toni, que segue a ser o seu adestrador. Xogaba a dúas mans, pero o seu tío o pasou a zurdo. Tetracampión de Roland Garros (2005, 2006, 2007 e 2008), gañador do Torneo de Wimbledon (2008) e do Aberto de Australia (2009). Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín (2008). Forma parte do Equipo de Copa Davis de España desde 2004, que gañou en tres ocasións (2004, 2008 e 2009). Posúe o récord de vitorias consecutivas sobre unha mesma superficie, 81 en terra batida, e é o tenista español co meirande número de títulos individuais, 36. No ano 2008 recibiu o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Cunha preocupación constante polos temas de asunto social e individual e cunha temática centrada nos nús e nas paisaxes, da súa técnica destaca o díptico, combinación de dúas imaxes distintas para crear un feito fotográfico. Fundou, xunto con Joan Fontcuberta, Pere Formiguera e Manel Esclusa, o grupo fotográfico Alabern (1977). Foi elixido representante en España do Consejo Latinoamericano de Fotografía (1978) e foi membro asesor da Fundació Joan Miró (1985). Publicou Dípticos (1986) e Photobolsillo 44 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociolingüista. Profesor de socioloxía na Universitat de Valéncia desde 1971 e na Universitat d’Alacant (1991-1995), foi colaborador de Serra d’Or, Gorg, Cuadernos para el Diálogo ou El País. Autor de numerosos ensaios, destacan Conflite lingüístic valencià (1969), Idioma i prejudici (1971), que analizan a situación sociolingüística valenciana, Idioma i poder social (1972), Estrutura social i política lingüística (1975), Cuatro idiomas para un Estado (El castellano y los conflitos lingüísticos en la España periférica) (1977), Madre España (1979), ou Sociologia de la ciutat de València (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra baséase na exaltación e divulgación de Arxentina, tanto na paisaxe como na tradición e na historia. Publicou Poesías (1885, ampliadas en 1906), e o poema Santos Vega (1917). Foi elixido membro correspondente da Real Academia Española (1889) e doutor honoris causa pola Universidad de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Foi discípulo de Carlos Maside e traballou en Cerámica Celta en Pontecesures, onde desenvolveu as súas aptitudes para o debuxo. Residiu posteriormente en Madrid, lugar en que estivo moi ligado á vida política do país. Despois marchou a Ourense, onde estudou maxisterio, e finalmente trasladouse a Francia e traballou como periodista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de voleibol. Xogou máis de 300 partidos coa selección española. Gañou dúas Recopas de Europa (1997 e 1998), unha Supercopa de Europa (1998), unha Copa CEV (1995), unha Copa de Italia (1999) e unha Copa do Rei (1996). Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e cartelista. Estudou na Escuela Especial de Pintura, Escultura y Grabado da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Obtivo a medalla de ouro na Exposición Internacional de Arte Decorativa de París (1925), con que se introduciu na Art Déco, de que foi o máximo representante en España. Colaborou como debuxante e cartelista nas revistas La Esfera, Mundo Gráfico e Blanco y Negro, entre outras, e ilustrou Cuentos de Calleja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Catedrático de Latín e Castelán, integrouse rapidamente en actividades relacionadas coa cultura galega. Publicou traballos filolóxicos nos xornais El Liberal e La Voz de Galicia, e da súa produción destacan Gramática castellana razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Gramática latina razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Colección de trozos de literatura latina (1898) e Compendio de gramática castellana (1905); postumamente publicouse unha escolma dos seus artigos (Entretenimientos gramaticales, 1935). Foi membro numerario da Real Academia Galega (1905-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Promotor do Centro de la Generación del 27 en Málaga, a súa obra poética é persoal e vitalista, á marxe de escolas e correntes. Destacan Valle de los galanes (1968), Conspiraciones y conjuras (1986), Bestiario de Livermoore (1988) -nestas dúas últimas como finalista do Premio Nacional de Literatura- e El domador (1994). No apartado narrativo escribiu Cosmología esencial (2000), ademais da obra teatral Edipo aceptado (1971, Premio García Lorca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. A súa actividade empresarial centrouse no sector conserveiro pois creou unha fábrica de conservas en Portugal e estivo vinculado á Unión de Fabricantes de Conservas. En Vigo foi xefe local de Falange Española durante a Guerra Civil e o primeiro delegado do Estado da Zona Franca en 1947. Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi alcalde da cidade (1964-1970). Foi procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra, en representación dos municipios (1965-1967) e das familias (1967-1971), e foi deputado por Coalición Democrática (1979-1982) e por Alianza Popular (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pictórico formado en Reino Unido en 1848 coa Pre-Raphaelite Brotherhood (Irmandade Prerrafaelista), integrada por W. Holman Hunt, J. E. Millais, D. Gabriele Rossetti, J. Collison, Th. Woolner, F. G. Stephens e W. M. Rossetti. Compartían o desalento ante o que consideraban situación moribunda da pintura italiana e, como os nazarenos alemáns, revalorizaron a pintura italiana anterior a Rafael, a quen consideraban fonte do academicismo. Caracterizáronse por un forte medievalismo literario e cristián e puxeron a súa arte, dun detallismo minucioso, ao servizo dun alto grao de idealismo tanto formal como conceptual. Disolveuse en 1853.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao prerrafaelismo.

    2. Artista que cultiva o prerrafaelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Coñecida como Sor Patrocinio ou A monxa das chagas, descendía dunha familia de fidalgos galegos. Era carlista e estaba pretendidamente estigmatizada, ademais de ser milagreira. Foi procesada por impostora en 1836 e desterrada a Talavera de la Reina. Conselleira de Isabel II e do seu esposo, formou parte da camarilla ultrarreaccionaria, ata o punto de derrocar a Narváez. En 1868 fuxiu a Francia e volveu coa Restauración. Escribiu numerosas obras de piedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcanxo. Aparece no Libro de Tobías como o seu protector e compañeiro de viaxes, inimigo do espírito maligno Asmodeo e como sandador (o seu nome quere dicir ‘Deus sandou’) da cegueira do pai e da muller de Tobías. Iconograficamente represéntase con ás e longa cabeleira e, nas representacións góticas, viste dalmática tradicional e nas posteriores só leva unha túnica cinguida. Como gardián de Tobías leva unha lanza e o neno da man, como atributo persoal. Considérase o patrón dos viaxeiros. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raffaello Sanzio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio anual que convoca a Deputación da Coruña desde 1991, coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, en lembranza do autor rianxeiro, para autores que presenten obras inéditas e non premiadas, escritas en lingua galega. Dos galardoados, cómpre salientar Roberto Vidal Bolaño, con Doentes (1997) e Días sen gloria (1992); Xavier Lama, con O serodio remordemento do amor (1995); e Gustavo Pernas Cora, con Footing (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do hebreo Rephâ’el ‘Deus sandou a miña dor’ e que se lle poñía ao fillo que nacera despois da morte doutro, ou ‘Deus sandou os meus males, os meus pecados’. Presenta os hipocorísticos: Rafa, Felo, Felucho e Lucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pintor Rafael (Raffaello Sanzio).

    2. Aplícase á obra que polo seu estilo lembra ao de Rafael (Raffaello Sanzio).

    VER O DETALLE DO TERMO