Rafael Dieste, Premio de Teatro

Rafael Dieste, Premio de Teatro
[LIT/ESPECT]

Premio anual que convoca a Deputación da Coruña desde 1991, coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, en lembranza do autor rianxeiro, para autores que presenten obras inéditas e non premiadas, escritas en lingua galega. Dos galardoados, cómpre salientar Roberto Vidal Bolaño, con Doentes (1997) e Días sen gloria (1992); Xavier Lama, con O serodio remordemento do amor (1995); e Gustavo Pernas Cora, con Footing (2001).

Palabras veciñas

rafa | Rafael | Rafael | Rafael Dieste, Premio de Teatro | Rafael/Rafaela | rafaelesco -ca | Ráfaga, La