"Rey" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Ramón Freire Sánchez.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro francés. Pioneiro na utilización do cemento armado e inventor da técnica do cemento pre-comprimido, destinado a mellorar o comportamento estático das estruturas. Aumentaba a elasticidade ao fixar á estrutura de aceiro unha multitude de fíos ou barras metálicas que comprimían previamente o cemento. Director técnico da Enterprises Limousin (1913-1928), proxectou pontes, hangares, pistas de aeródromos e pontes ferroviarias. Entre outros destacan os destruídos hangares de Orly (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Agrarista. Fundou en 1926 a Caja Rural del Lérez e dirixiu a Federación Comarcal Agraria de Pontevedra. Integrouse no PCE a finais da Ditadura de Primo de Rivera; durante a Segunda República foi concelleiro e formou parte do grupo municipal comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Concelleiro de Vilalba durante dez anos, e afiliado a Alianza Popular desde 1977, foi deputado do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e en parte da II (1985-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galés. Foi designado arcediano de Llandaff (1140) e consagrado bispo da sé galesa de Saint Asaph (1152), actual Flintshire. Desenvolveu o seu labor na corte dos monarcas anglonormandos Henrique I Beauclerc e Esteban I de Blois. Foi autor de tres obras que serviron para consolidar a celebridade da materia de Bretaña e do rei Artur por todo o Occidente europeo. Escribiu o opúsculo Prophetiae Merlini (1134?), a Historia regum Britanniae (1138?), crónica dos monarcas que gobernaron na illa de Bretaña ata a derrota dos celtas a mans do saxóns. Para a súa confección tomou como fontes a Xildas, Nennius, Beda, a historiógrafos latinos, así como todas as tradicións dispersas da tradición oral galesa. Ademais, o autor declarou ter empregado como fonte directa un antigo libro escrito en lingua británica, probablemente unha licenza literaria do autor na procura da autoritas. Entre as lendas narradas destaca especialmente a do Rei Artur que consituiría o xerme dos ciclos de novelas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Carter Brown, publicou máis de duascentas novelas policíacas, en gran parte protagonizadas polo detective Rick Holman, que gozaron de ampla popularidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Comezou a súa formación en Santiago e en 1839 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi profesor de pintura no Liceo Artístico y Literario de Madrid. Introduciu a pintura arqueolóxica romántica na plástica galega. Colaborou no Semanario Instrutivo (1839), Semanario Pintoresco (1841), El Recreo Compostelano (1841) e La Aurora de Galicia (1845). Das súas obras destacan Vista de Santiago (1837), Cura de aldea cantando na igrexa, A catedral de Santiago vista dende a Quintana, ademais de seis vistas de Aranjuez e os debuxos da Viaxe por Galicia (1842), publicados en Revista de Galicia. Realizou retratos de membros da aristocracia madrileña e, entre outros, de Espartero e A Raíña Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Exerceu a medicina e fundou en 1838 en Santiago de Compostela o Semanario Instrutivo, así mesmo, colaborou en Revista de Galicia e La Aurora de Galicia con artigos de divulgación científica. Como poeta, no Álbum de la Caridad aparecen as súas composicións “O cogollo” e “A cita”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Exerceu como director e administrador do periódico Montevideo Noticioso, e colaborou en El Correo Español, La Aurora de Buenos Aires e La Unión Gallega. Foi presidente do Centro Galego e da Sociedad Española de Socorros Mutuos, e fundou a agrupación Circo d’as Monteiras (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado desde 1885, formou parte da facción dereita do partido liberal. Ministro de Asuntos Exteriores (1905-1916), declarouse partidario da Entente Cordial, entre Inglaterra e Francia, e foi o artífice do acordo con Rusia (1907). O acordo entre as potencias en conflito na Primeira Guerra Mundial para subscribir a paz por separado debeuse á súa xestión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoana de Inglaterra.
-
DIARIOS
Diario de tendencia católico-tradicionalista editado na Coruña a partir de febreiro de 1813. Participaron na súa fundación, dirección e redacción frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez. Levou como subtítulo “Diario Polémico-Religioso de La Coruña”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco C. Pérez Prieto, logo nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nas oficinas do Exacto Correo de España en La Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático inglés. Foi catedrático de Xeometría en Oxford e de Matemáticas Puras en Cambridge. Investigou a teoría dos números, especialmente as súas funcións. Simultáneamente, pero independentemente do médico alemán Wilhelm Weinberg, formulou a lei de Hardy-Weinberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor inglés. Obtivo numerosos éxitos no teatro, tanto en Londres como en Broadway. Paralelamente traballou tamén en cine, destacan os filmes Blithe Spirit (1945), My Fair Lady (1964, Oscar 1965) e The Honey Pot (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Geoffrey De Havilland.
-
PERSOEIRO
Político. Ingresou na Falange Española (FE) en 1934 e participou nos preparativos do Alzamento de 1936, organizando a rebelión en Galicia. Nomeado xefe nacional da FE trala morte de J. A. Primo de Rivera, opúxose ao Decreto de Unificación cos tradicionalistas, asinado por Franco en abril de 1937. Foi detido e encarcerado (1937-1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hedda van Heemstra Hepburn-Ruston.
-
PERSOEIRO
Poeta boliviano. Máxima figura do modernismo no seu país e amigo de Rubén Darío e Lugones, iniciou un proceso de auténtica renovación poética con Castalia bárbara (1897), verdadeiro laboratorio de experimentación rítmica, e Los sueños son vida (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Considerado o mellor xogador de baloncesto da historia, gañou seis títulos da NBA cos Chicago Bulls (1991, 1992, 1993, 1996, 1997 e 1998), foi dúas veces campión olímpico (Los Angeles 1984 e Barcelona 1992), foi elixido cinco veces xogador máis valioso (MVP) da NBA (1988, 1991, 1992, 1996 e 1998), amais de acadar moitas marcas persoais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lübeck 8.8.1646 - Londres 19.10.1723) Pintor de orixe alemana. Despois de formarse nos Países Baixos con P. Bol, estableceuse en Londres (1674), onde foi o retratista de moda da corte e a aristocracia. Destacan, entre outros, os retratos de Xaime II, Xurxo I, O duque de Marlborough, I. Newton, C. Wren e J. Locke.