Kneller, Godfrey
Kneller, Godfrey
(Lübeck 8.8.1646 - Londres 19.10.1723) Pintor de orixe alemana. Despois de formarse nos Países Baixos con P. Bol, estableceuse en Londres (1674), onde foi o retratista de moda da corte e a aristocracia. Destacan, entre outros, os retratos de Xaime II, Xurxo I, O duque de Marlborough, I. Newton, C. Wren e J. Locke.