"Sánchez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 140.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciado en Filoloxía Románica e Linguas Modernas (italiano), foi profesor de español en varias universidades estranxeiras. Fundou a revista Aledebarán (1954) e traballou para a RAI e a televisión xaponesa, e foi columnista nas revistas Cambio 16 e Época e presentou programas de televisión como Encuentros con las letras (1986-1981), El Mundo por Montera (1989-1990) e Negro sobre Blanco (1997-2004). Da súa obra destaca Gárgoris y Habidis (Premio Nacional de Literatura 1978), Las fuentes del Nilo (1986), La Dragontea: diario de un guerrero (1992), La prueba del laberinto (Premio Planeta 1992), Dicionario de la España Mágica (1997), En el alambre de Shiva (1997), El camino hacia Ítaca (1998), Historia mágica del Camino de Santiago (1999) e El sendero de la mano izquierda (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Antonio Sánchez Ferlosio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cantautor, irmán de Rafael Sánchez Ferlosio. Coñecido como Chicho Sánchez Ferlosio, destacou polas súas cancións antifranquistas, como “Gallo rojo, gallo negro”. Colaborou con coñecidos intérpretes, como Luis E. Aute ou Javier Krahe, e protagonizou o documental Mientras el cuerpo aguante (1982), de F. Trueba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Rafael Sánchez Mazas. Autor da narración poética Industrias y andanzas de Alfanhuí (1951), deuse a coñecer coa novela El Jarama (1956, Premio Nadal 1955), unha das obras clave da narrativa de posguerra. Posteriormente, a súa obra evolucionou cara ao experimentalismo lingüístico con Las semanas del jardín. Semana primera: Liber scriptus proferetur (1974) e Las semanas del jardín. Semana segunda: Splendet dum frangitur (1974). Publicou os relatos El huésped de las nieves (1982) e El escudo de Jotam (1983), e afondou no ensaio e o artigo periodístico en Mientras los dioses no cambien, nada ha cambiado (1986), os dous volumes de Ensayos y artículos (1992) e Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993, Premi Ciutat de Barcelona e Premio Nacional de Ensaio). En 1986 publicou a novela El testimonio de Yardoz e posteriormente o ensaio El alma y la vergüenza (2000) e a recompilación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, participou na fundación do psiquiátrico de Conxo en Santiago, do que foi o primeiro director. Inventou diversos instrumentos cirúrxicos ou relacionados coa antisepsia. Publicou Memoria sobre las fuentes de conocimiento y método de enseñanza de anatomía patológica y patología general (1871) e Programa razonado de Anatomía Patológica y Patología General (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Formado nos estudios de Amador (1895) e de M. Company (1897), destacou pola súa capacidade para conseguir imaxes insólitas. Como retratista abriu un estudo (1910) onde inmortalizou literatos, pensadores, políticos ou toureiros, pero tamén a vida cotiá de Madrid e os feitos que marcaron a historia do país como o asasinato de Canalejas (1912), o voo do “Plus Ultra” (1930) ou a proclamación da República (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inspector de traballo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. Posteriormente, foi subdirector de Organización e Recursos Humanos en Construciones Aeronáuticas SA (CASA) entre 1988 e 1991, ano en que foi elixido presidente do Consello Galego de Relacións Laborais. En 1997 foi nomeado director de Organización e Recursos Humanos de Leyma-RAM, ata que en 2000 accedeu á xefatura da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña. En 2005 foi nomeado director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Especializada en literatura infantil, recibiu o Premio Merlín 1990 por Fafarrios (1991). Da súa obra, onde xoga coa palabra e cos conceptos que representan, destacan Rimas con letras (1991), Bichos con gaseosa (1992), Pum-pum! (1993), Cabeciña a paxaros e outras historias (1993, Diploma de Honor IBBY), O Capitán Ro e o gato Bo (1994), Farangulla (2002), A onde van as volvoretas no inverno? (2003) e Rato Pincho ou a verdadeira historia dos ourizos (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte (1995) pola Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor desde 1998. Foi asesor histórico-artístico das obras de rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Escribiu La arquitectura teatral en Galicia (1996), Faustino Domínguez Domínguez y la arquitectura gallega del siglo XIX (1997), Mariñán. Pazo de los Sentidos (1999) e Faros de Galicia. Historia y construción de las señales luminosas en un Finisterre atlántico (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Veterinario. Foi xefe provincial de gandaría de Las Palmas (1967-70), director do Centro Nacional de Selección e Reprodución Animal de Galicia (1970-1985) e director xeral de produción agropecuaria e industrias agroalimentarias da Xunta de Galicia. Publicou Raza vacuna rubia gallega: Evolución, situación actual y perspectivas zootécnicas (1978) e Razas bovinas autóctonas de Galicia (1992). Foi nomeado Comendador de Número da Orden Civil do Mérito Agrícola (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista. Coñecido como Paco de Lucía, acompañou os máis destacados cantantes de flamenco, como Camarón de la Isla e Fosforito. Saltou á fama internacional tocando con John McLaughlin e Al di Meola. Considerado un dos máis importantes guitarristas de flamenco de todos os tempos, da súa numerosa discografía destaca Entre dos aguas (1968), Siroco (1988), El Duende Flamenco (1992), Luzía (1999) e Cositas nuestras (2004). Tamén compuxo bandas sonoras para filmes, como a de Carmen (1983) de C. Saura, ou Camarón (2005). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Artes (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Deputado (1886), ministro de Gobernación (1903-1904) e de Fomento (1907-1909) con A. Maura e novamente de gobernación (1913-1915, 1917) con E. Dato. Formou parte da ala datista do Partido Conservador.   Como xefe de goberno (1922), destituíu a S. Martínez Anido e, en 1931, intentou en balde formar goberno con membros do Comité Republicano encarcerados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en anatomía, dedicouse á pediatría e exerceu un amplo labor docente ademais de patentar diversos inventos, como un biberón ou un xabón especial. Publicou Apuntes de terapéutica (1912), Investigaciones sobre los ligamentos interóseo y de Weitbrecht del antebrazo en el hombre y en los animales (1916) ou Historia de la medicina (1945). Recibiu a cruz da Orden Civil de Afonso XII (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor teatral. Escribiu, coa colaboración de U. Charlón Arias, diversas pezas teatrais populares e costumistas inspiradas na ideoloxía das Irmandades da Fala. Da súa produción destaca Mal de moitos (1921), en que critican aos galegos que deixan de empregar a súa lingua; Trato a cegas (1921), de carácter picaresco; Axúdate (1922) e O menciñeiro (1922); estas dúas últimas foron moi representadas pola Escola Dramática Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Estudou arquitectura técnica e socioloxía e ciencias políticas en Madrid. Director de Edicións A Nosa Terra e presidente do diario do mesmo nome e da Fundación A Nosa Terra, é presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) desde 2005. Fundou e presidiu a agrupación cultural Lóstrego en Madrid e a agrupación cultural Avantar do Carballiño para a defensa do patrimonio cultural galego. Da súa obra poética, chea de elementos simbolistas e evocativos, destaca, Silencios e conversas de inverno (1978), Antonte das salamántigas (1980), O cántico da fonte (1982), Ortigas da memoria (1985), Mar do Fin da terra (1987), A Árvore das Sete Palabras (1990), Do olvido o río (1993), A escrita do silencio (1997), Evadne: a escrita da luz (1998), O rumor do distante: a escrita da terra (2001) e Variacións nube (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director de La Región. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, en Dereito pola Universidad de Madrid, e titulado en Socioloxía polo Instituto León XIII, traballou na Agencia EFE e foi conselleiro delegado do grupo Rías Baixas Comunicación, editora de Atlántico Diario. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da comisión de prensa do Consello da Cultura Galega. Recibiu o Premio Diego Bernal de xornalismo (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte pola Universidad de Extremadura (1982), onde é profesor. Foi membro fundador da revista Extremadura e membro da Asociación Española de Historiadores de Cine. Publicou Arquitectura eclesial del siglo XVI en las diócesis de Coria (1983), Las iglesias cacereñas del quinientos (1990) e outras obras en colaboración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, filla do baixo Antonio Sánchez Camporro. Comezou a súa andaina profesional en 1984 no grupo Cristal Oskuro para en 1985 integrarse no grupo Olé Olé. En 1991 iniciou a súa carreira en solitario e da súa discografía destacan, Mujer (1993), Mi mundo (1995), Azabache (1997), Desconocida (1998) e Soy yo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Tomou a alternativa na Monumental de Barcelona o 16 de marzo de 1919. Autor de varias obras de teatro e relacionado cos membros da Xeración do 27, á súa morte, Federico García Lorca dedicoulle o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Doutor en Teoloxía (1998), ordenouse sacerdote en 1970 e desempeñou diversos cargos na diocese palentina como profesor de teoloxía no Instituto Teológico del Seminario de Palencia desde 1975, vigairo xeral desde 1999 e cóengo da catedral desde 2003. En 2005 foi nomeado bispo de Mondoñedo-Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO