Sánchez Iglesias, Cesáreo

Sánchez Iglesias, Cesáreo

Poeta e editor. Estudou arquitectura técnica e socioloxía e ciencias políticas en Madrid. Director de Edicións A Nosa Terra e presidente do diario do mesmo nome e da Fundación A Nosa Terra, é presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) desde 2005. Fundou e presidiu a agrupación cultural Lóstrego en Madrid e a agrupación cultural Avantar do Carballiño para a defensa do patrimonio cultural galego. Da súa obra poética, chea de elementos simbolistas e evocativos, destaca, Silencios e conversas de inverno (1978), Antonte das salamántigas (1980), O cántico da fonte (1982), Ortigas da memoria (1985), Mar do Fin da terra (1987), A Árvore das Sete Palabras (1990), Do olvido o río (1993), A escrita do silencio (1997), Evadne: a escrita da luz (1998), O rumor do distante: a escrita da terra (2001) e Variacións nube (2004).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dadín, O Irixo