"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade constituída na Coruña en febreiro de 1999. O seu obxectivo é fomentar o recoñecemento dos escritores galegos en lingua portuguesa e facilitar a súa comunicación cos escritores de países que teñen o portugués como lingua oficial, así como favorecer a difusión pública da súa obra e actividade literaria, artística ou científica. Unha das primeiras actividades da AGE é a elaboración dun repertorio bibliográfico da produción escrita en portugués en Galicia, difundida pola Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Naceu en Ourense no 1984, encargada de organizar na Escola Universitaria de EXB da cidade de Ourense a denominada “Escola Ibérica de Verão-Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal”. Trátase dun movemento de renovación pedagóxica reintegracionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Naceu en 1981 co obxectivo de “acadar umna substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego” na área galego-luso-africana-brasileira. Tendo como principal referente a Carbalho Calero, busca a normalización dos usos lingüísticos do galego e o favorecemento dunha normativa lingüística reintegracionista, científica e independente. Desde 1982 está presidida por Mª do Carmo Henríquez Salido. A súa estrutura de funcionamento componse dunha asembleia de sócios e dun conselho formado por investigadores como Monterroso Devesa, Gil Hernández, Filipe Seném, Ramom Lôpez-Suevos, Elvira Souto, Nemésio Barxa, Manuel Portas, Luís Gonçalez Blasco, Joám Costa ou Bernardo Penabade. Componse tamén de diversas comisións como “Textos Religiosos”, “Sociolingüística” e “Comissom Lingüística” integrada, entre outros, por Isaac Alonso Estravis, Henrique Rabunhal, José Luís Rodríguez Fernández ou José A. Souto Cabo. Esta comisión elaborou tres libros que recollen o pensamento lingüístico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia norteamericana de información fundada en 1848. É a máis antiga do mundo e a máis importante das existentes. Ocupa a máis de 2.500 periodistas, ten máis de 100 axencias en 67 países, comprende máis de 10.000 abonados e difunde noticias a máis dun centenar de países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional que tiña como filial en España á Aliança d’Intel-lectuais per a la Defensa de la Cultura, creada en València cara ao 1934. Adoptou o nome de Unión de Escritores e Artistas Proletarios (UEAP). Publicou as revistas Nueva Cultura e Cuadernos de Nueva Cultura. En plena Guerra Civil (1936-1939), acentuou as súas tendencias para favorecer o desenvolvemento da cultura catalá no País Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Internacional de Defensa das Linguas e Culturas Ameazadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das Nacións do Sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Londres no ano 1924, onde radica. Ten por finalidade a coordinación do uso sistemático da información e da ciencia. Agrupa a bibliotecas, universidades, sociedades científicas, departamentos gobernamentais e asociacións de industriais e comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída en 1997. O seu presidente é Zoé Barboff e o secretario xeral Patrick Tort. A sede social está en Romanville (París), aínda que o seu ámbito de actuación é internacional. Está declarada de utilidade pública polo goberno francés debido ao seu importante traballo científico e ao seu proxecto educativo. A asociación organizou o Congreso Pour Darwin (1997) e é a promotora do Institut Charles Darwin International. Os obxectivos desta asociación son: facer coñecer e desenvolver as investigacións orixinais en materia de bioloxía da evolución; publicar a obra completa de Darwin; rectificar os erros históricos de interpretación da teoría da evolución e loitar contra os usos ilexítimos do darwinismo con finalidades racistas, euxenésicas ou discriminatorias; demostrar a inexactitude das teses creacionistas ou neoprovidencialistas na bioloxía evolucionista; defender o laicismo na ciencia, tanto no seu exercicio como no ensino; promover un diálogo prioritario entre as ciencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Assuerus Nome dun Rei de Persia que, segundo o Libro de Ester da Biblia, esposara a Estee, amosándose tolerante cos hebreos. É probable que se trate de Xerxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade asiria, capital do Imperio Asirio durante o II milenio a C, sita na beira dereita do Tigris. Dende o s IX a C foi desprazada por Nimrud (ou Kala ẖ ) e Nínive, pero conservou o carácter de cidade sagrada cunha poderosa clerecía. No seu xacemento arqueolóxico fixéronse importantes descubertas, como as do templo de Assur, o de Ištar, o duplo templo de Adad e Anu, e varias construcións de tipoloxía palaciana. A cidade foi destruída polos medas no 614 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do deus epónimo do estado asirio. Divindade guerreira, guía nas batallas e dispensador da vitoria. De forma antropomorfa, adoitábase representar cos símbolos da monarquía asiria ou con armas na man. O seu santuario principal estaba na cidade de Assur. A súa representación e os seus títulos foron atribuídos posteriormente polos persas ao seu deus Ahura Mazdā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sirio, membro do Ba’t. Ministro do Interior (1963) e vicepresidente do Consello do País (1964). Desde o corpo do estado en 1966 foi Presidente da República, xefe do goberno e secretario xeral do seu partido. En 1970 Hafiz al-Assad desposuíuno de todos os cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fanzine nado en maio de 1983 en Lugo. Editou dous números para logo reaparecer en 1985 co nome de Atlántico extress. Xaime Dapena, Cristina Pavón, Antonio Coira, X. Carlos Fernández, Xoán Soto e Pantera Fucsia, entre outros, formaban parte da redacción. Contiña cómics, información sobre música -sobre todo do nacemento de novos grupos de rock como Semen Up- e cine, xunto cun apartado de creación literaria da man de Antón Grande, X. A. Dobao e Miguel A. Murado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade occitana, no departamento de Creuse, Francia (5.097 h [1990]), célebre pola súa artesanía tapiceira, coñecida xa desde 1457 e de moita sona nos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal. Gran Mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén (1476), defendeu Rodas fronte ás forzas otomanas (1480). Hospedou despois (1482) a Gem, irmán de Baiazet II. Ante as presións do Papa Inocencio VIII (1486) consentiu que Gem fose transferido a Roma, a cambio do cardealado (1489) e da unión na orde San Xoán das ordes do Santo Sepulcro, de Belén, de Nazaret, entre outras. Expulsou os xudeus de Rodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza francesa anónima (1200?) pertencente ao xénero das chantefables. Alterna prosa e verso. Trata dos amores de Nicolette, unha cativa comprada aos sarracenos, e de Aucassin, fillo do conde Garin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. Da súa obra destacan as novelas The Indifferent Children (Os nenos indiferentes, 1947) e A Law for the Lion (A lei para o león, 1953) e as coleccións de contos Powers of Attorney (Os poderes do apoderado, 1963), Tales of Manhattan (Lendas de Manhattan, 1967) e Persons of Consequence (Persoas de categoría, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.

    VER O DETALLE DO TERMO