"Sula" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 93.

  • PENÍNSULAS

    Península situada na costa de Campania, Italia, no Mar Tirreno, entre o golfo de Nápoles, ao N e o de Salerno, ao S. Preto da súa prolongación extrema está a illa de Capri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos súlidos, ao que pertence o mascato (S. bassana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ ãfaa de Iraq (17.023 km2; 1.124.200 h [estim 1991]). A súa capital é Al-Sulaymānīya (364.096 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península situada en Siberia, Rusia, a máis setentrional de Asia, entre o golfo Ienisei, no mar de Kara, e o mar de Laptev (400.000 km2). A vexetación é tundra e bosque tundra ao S.Ten xacementos de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de picos do N de Irán situados no sector central de Elburz. O máis elevado, o Kūh-e’Alamdar, acada os 4.820 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do S de Rusia que constitúe a extremidade occidental do Cáucaso, entre o Mar Negro e o mar de Azov. Está separada de Crimea polo estreito de Kerč’ (2.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tecidos do organismo.

    2. Que é da natureza do tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do diminutivo feminino do latín ursus ‘oso’, isto é, ‘osiña’. Presenta a variante popular Órzula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? s V?) Personaxe lendaria, filla dun rei de Britania. Cando se ía desposar co rei pagán Conan, esixiulle o bautizo en Roma. Cara a alí embarcou con dez mozas e con mil virxes cada unha delas. Na viaxe de volta foron masacradas coas frechas dos hunos, en Colonia. De aí naceu o culto e a lenda das Once Mil Virxes, moi estendidos na cristiandade occidental. Iconográficamente representouse vestida cunha túnica cinguida e un manto, cunha coroa, e coa palma do martirio ou dúas frechas e un arco (atributo persoal), un estadarte e unha barca, habitualmente coas súas compañeiras. A súa festividade celébrase o 21 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou oficio de vicecónsul.

    2. Oficina do vicecónsul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de América Central, que separa o golfo de México do mar das Antillas (200.000 km2). Pertence case totalmente a México (estados de Yucatán, Campeche e Quitana Roo), a Belize e ao departamento guatemalteco de Petén. O clima, tropical húmido e cálido, contribuíu á formación dunha erosión cárstica en estado moi avanzado: cavorcos, covas, afundimentos e circulación subterránea. A vexetación presenta forma de manglar e nas costas e no interior hai bosques moi densos. A poboación cultiva millo e cana de azucre e explota a madeira de henequén.

    VER O DETALLE DO TERMO