Yucatán, península de
Yucatán, península de
Península de América Central, que separa o golfo de México do mar das Antillas (200.000 km2). Pertence case totalmente a México (estados de Yucatán, Campeche e Quitana Roo), a Belize e ao departamento guatemalteco de Petén. O clima, tropical húmido e cálido, contribuíu á formación dunha erosión cárstica en estado moi avanzado: cavorcos, covas, afundimentos e circulación subterránea. A vexetación presenta forma de manglar e nas costas e no interior hai bosques moi densos. A poboación cultiva millo e cana de azucre e explota a madeira de henequén.