Temas

Ibérica, Península

Península do S de Europa, situada entre o Océano Atlántico ao N, O e SO, e o Mar Mediterráneo ao S e L, unida ao continente europeo pola cordilleira alpina dos Pireneos e separada de África polo estreito de Xibraltar. Sitúase entre os 36° 0 3 N e os 43° 47 24 N. O seu territorio, 597.625 km2 de superficie, divídese entre os estados de Andorra (468 km2 no Pireneo), España (que ocupa a súa maior parte, 505.009 km2) e Portugal (92.142 km2 no O), ademais da colonia británica de Xibraltar (6km2 no sector máis meridional). Presenta un contorno rectilíneo, cunha conformación maciza e unha altitude media elevada (660 m alt). Xeograficamente está moi compartimentada e na súa superficie aparecen diferentes unidades. A Meseta organiza todo o relevo. Dentro dela sitúanse os Montes de Toledo e o Sistema Central; tres concas afundidas, Ebro, Tajo e Guadiana, e nos seus bordos, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e Sierra Morena. Ademais...

Máis >
Baixa California

Península de México, na costa occidental, comprendida entre o océano Pacífico e o golfo de California. Ten unha forma alongada (1.100 km) e estreita (uns 100 km de largura media). O golfo de California foi explorado primeiramente por Francisco de Ulloa (1539-1540). A península está dividida administrativamente entre a Baixa California Norte e a Baixa California Sur.

Máis >
Kii

Península de Xapón, na illa de Hon-shū, situada entre os golfos de Osaka e Ise.

Máis >
Paraguaná

Península de Venezuela, situada no Caribe, no estado de Falcón, unida ao continente por un istmo estreito (3.000 km2). A súa economía baséase no gando cabrún e nas refinarías de petróleo.

Máis >
Kanin, península de

Península do N de Rusia (10.500 km2). O seu relevo é chairo e destaca a súa vexetación de tundra.

Máis >
Itálica, Península

Península de Europa Meridional, situada ao S dos Alpes, entre os mares Tirreno, ao O, Adriático, ao L, e Xónico, ao S. O seu territorio divídese entre os estados de Italia, que ocupa a súa maior parte, San Marino e Cidade do   Vaticano.

Máis >
Loading