Temas

Kerč’

Península no extremo oriental da península de Crimea, que separa o mar de Azov e o Mar Negro.

Más >
Gaspé

Península de Canadá, na provincia de Québec, situada entre o esteiro do San Lourenzo, o Gaspé Pasage e a baía de Chaleur do golfo de San Lourenzo (28.600 km2). O relevo é montañoso, formado polas montañas de Notre Dame e de Shieckshock. A poboación, maioritariamente de orixe francesa, dedícase á agricultura e á minería.

Más >
Florida

Península do SL de América do Norte, situada á beira do Océano Atlántico, separada de Cuba e das Bahamas polo canal homónimo. É unha plataforma cárstica recuberta de sedimentos cretáceos, cuns sectores deprimidos invadidos polas augas freáticas. O litoral atlántico é rectilíneo, regularizado por dunas e cordóns litorais. O golfo é máis abrupto e ten algúns portos naturais, como Charlotte Bay e Tampa Bay. Administrativamente, está comprendida dentro do estado de Florida. Descuberta por Vicente Yáñez Pinzón e A. Vespucci en 1498, Juan Ponce de León tomou posesión dela para Castela no 1513. Despois dos fracasos na conquista das expedicións de Pánfilo de Narváez (1528) e Hernando de Soto (1539-1540), Pedro Menéndez de Áviles fundou a cidade de San Agustín (1565) e marcou o comezo da ocupación efectiva. Dende o s XVII foi fortificada para protexela dos indios do interior e combater os piratas do golfo de México. Cedida ao Reino Unido en 1763, foi devolta a España pola Paz de Versailles (1783)....

Más >
Kāthiāwār

Península occidental de India, no estado de Gujarāt. Limita ao SO co mar de Arabia, ao NO co golfo de Kutch e o SL co golfo de Jāmbhat. Abrangue unha superficie de 59.570 km2.

Más >
Corso, cabo

Península de Córsega que constitúe a parte máis setentrional da illa e que remata no cabo Corso, do que recibe o nome.

Más >
Guajira, La

Península do NL de Colombia que constitúe o sector máis setentrional de América do Sur. Comprende o departamento de La Guajira e unha parte do estado venezolano de Zulia.

Más >
Reykjanes

Península da costa SO de Islandia, que cerra polo S a baía de Faxaflói (1.982 km2; 78.416 h [estim 1999]). Ten numerosos cráteres volcánicos. Constitúe un distrito administrativo de Islandia.

Más >
Loading