Apšeron, península de
Apšeron, península de
Península da República de Acerbaixán, que se interna no mar Caspio. É a prolongación do Gran Cáucaso, e ten un relevo de costas baixas e areosas, xunto cun núcleo central onde se atopan numerosas explotacións de petróleo e gas natural. O principal núcleo de poboación é Bakú.