Gaspé
Gaspé
Península de Canadá, na provincia de Québec, situada entre o esteiro do San Lourenzo, o Gaspé Pasage e a baía de Chaleur do golfo de San Lourenzo (28.600 km2). O relevo é montañoso, formado polas montañas de Notre Dame e de Shieckshock. A poboación, maioritariamente de orixe francesa, dedícase á agricultura e á minería.