"TAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 143.

    1. Representar algo metaforicamente.

    2. Crear metáforas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido metafosfórico (HPO 3 ) 3 . Nin o ácido nin os seus sales están en forma de monómero.

    2. Anión de fórmula (PO 3 - ) n , que se pode considerar derivado do ácido metafosfórico por perda dos hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido metafosforoso (HPO 2 ) n .

    2. Anión de fórmula (PO 2 - ) n , que se pode considerar derivado do ácido metafosforoso (HPO 2 ) por perda dos hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido monobásico de aspecto vítreo, que se obtén por quentamento dos ácidos ortofosfórico ou pirofosfórico a 300°C, ou por calcinación do fosfato amónico, segundo a ecuación (NH4)2HPO4 D HPO3+2NH3+H2O. Emprégase en odontoloxía e en química analítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Figura destacada do cine sueco, mantivo un nivel de creación independente e foi o punto de contacto dos grandes directores do cine mudo con Alf Sjöberg e Ingmar Bergman. Da súa filmografía destacan Mälarpirater (Os piratas de Mälaren, 1923), Intermezzo (1936), En kvinnas ansikte (Sen cara, 1938, premiada en Venecia) e Trots (O desafío, 1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico sueco. Fixo importantes investigacións sobre os elementos químicos englobados nas terras raras, e descubriu a existencia dalgún, como o lantano, no ano 1839.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1617-1618), irmán e sucesor de Ahmet I. Enfermo mental, foi substituído por Osman II ata que, asasinado este polos xanízaros, lle foi devolto o goberno, que de feito foi exercido pola súa nai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1695-1703), fillo de Mehmet IV e sucesor de Ahmet II. En guerra contra Austria, Polonia, Rusia e Venecia, foi finalmente vencido. Deposto polos xanízaros, substituíuno Ahmet III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1757-1774), fillo de Ahmet III. Saneou as finanzas, organizou un corpo de artillaría e creou unha escola de náutica. Contra Catarina II de Rusia perdeu Moldavia, Valaquia e Crimea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1807-1808). Chegou ao poder coa destitución de Selim III. O partido reformista fixo que Ma Palatino; ḥ mūd II o derrocase e   executase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou, en 1894, o al-Hizb al-Watani (Partido Nacional) para defender a independencia de Exipto de Sudán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Cronista oficial do Imperio Otomán, a súa obra histórica (1730) é un compendio doutras realizadas por autores anteriores, que se reeditou en 1884.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe italiano. Despois de organizar a vida cenobítica de tradición bizantina en Calabria e noutros lugares, fundou, en Lacio, a abadía grega de Grottaferrata. A súa festividade celébrase o 26 se setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao padal e á úvula.

    2. Pequeno músculo do padal brando que se insire na apófise palatina e na úvula. Contribúe á elevación e ao acurtamento do veo do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Motivo ornamental que ten forma de flor de cinco pétalos.

    2. Rosetón formado por cinco lóbulos no seu interior e unha moldura circular exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pentatónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor sueco. Dirixiu as academias de belas artes de Copenhaguen (1748) e de Estocolmo (1778), e cultivou unha pintura prerromántica de influencia francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • limpafontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie chaira e horizontal máis elevada ca o chan circundante.

      2. plataforma petrolífera

        Estrutura que se utiliza para a perforación de pozos de petróleo no mar.

      1. Espazo que nas estacións de ferrocarril está situado ao longo dunha vía, a unha altura maior, que serve para facilitar o desprazamento e o embarque e desembarque de persoas, equipaxes e mercadorías.

      2. Parte inmediata á entrada ou saída dalgúns vagóns de tren, tranvías, autobuses, etc, desprovista de asentos.

      3. agón descuberto con laterais de pouca altura.

      4. plataforma xiratoria

        Peza circular que xira no interior dun foso, provista dunha ou de máis vías na súa superficie superior, que se emprega para cambiar de vía ou de sentido unha locomotora, un vagón, etc.

      1. Terreo chairo debido á erosión mariña, tras estar cuberto temporalmente polas augas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO