plataforma
(
-
-
s
f
Superficie chaira e horizontal máis elevada ca o chan circundante.
Ex: O profesor daba as clases desde unha plataforma.
-
plataforma petrolífera
Estrutura que se utiliza para a perforación de pozos de petróleo no mar.
-
s
f
-
[TRANSP]
-
s
f
Espazo que nas estacións de ferrocarril está situado ao longo dunha vía, a unha altura maior, que serve para facilitar o desprazamento e o embarque e desembarque de persoas, equipaxes e mercadorías.
-
s
f
Parte inmediata á entrada ou saída dalgúns vagóns de tren, tranvías, autobuses, etc, desprovista de asentos.
-
s
f
agón descuberto con laterais de pouca altura.
-
plataforma xiratoria
Peza circular que xira no interior dun foso, provista dunha ou de máis vías na súa superficie superior, que se emprega para cambiar de vía ou de sentido unha locomotora, un vagón, etc.
-
s
f
-
[XEOG]
-
s
f
Terreo chairo debido á erosión mariña, tras estar cuberto temporalmente polas augas.
Sinónimos: rasa. -
s
f
Estrutura terrestre cuxas capas sedimentarias teñen unha lixeira pendente e as ondulacións do terreo un radio moi amplo.
Sinónimos: rasa. -
plataforma continental
Zona marxinal dos continentes cuberta polas algas mariñas, que se estende desde a liña de costa cara ao interior do mar ata unha profundidade aproximada de 200 m. É unha zona bastante chaira e inclinada suavemente. Está limitada cara ao mar polo denominado noiro continental, terreo escarpado acusado que dá paso a profundidades moito maiores. A amplitude da plataforma calcúlase aproximadamente nuns 50 km de media.
-
plataforma de abrasión
Superficie rochosa de anchura variable situada na costa, que pode aparecer en chanzos e ser visible sempre ou só coa marea baixa.
-
plataforma estrutural
Relevo tabular chairo coroado na parte superior por un estrato resistente. É característico das rexións de estrutura concordante horizontal e fórmase por erosión e desgaste dos materiais máis brandos das capas inferiores.
-
s
f
-
s
f
Superficie plana e horizontal de madeira, metálica, etc, elevada do chan mediante catro pés e rodas que lle permiten ser desprazada, e cun mecanismo elevador que se emprega como elemento receptor de diversas cargas.
-
s
f
Peza grosa de material lixeiro que leva a sola de determinados zapatos.
Ex: Levaba zapatos con plataforma.
-
s
f
Posición de partida para acadar algo.
Ex: Gañar ese premio foi a plataforma para converterse en escritor de sona.
-
s
f
Programa ou conxunto de ideas reivindicativas dun grupo político, social, profesional ou sindical.
-
s
f
Asociación non estable de grupos ou persoas que se xuntan para a consecución duns fins determinados.
Ex: Formaron unha plataforma para a defensa da ría.
-
[COSMON]
-
plataforma automotriz
ehículo autopropulsado empregado para trasladar os vehículos espaciais desde o edificio de montaxe ata a plataforma de lanzamento.
-
plataforma de lanzamento
Estrutura de formigón e aceiro, especialmente concibida e construída para montar os elementos dun foguete espacial e desde o que se efectúa o seu lanzamento. Constitúese por unha parte fixa e outra móbil desde a que se accede ao foguete, que é retirada uns segundos antes do lanzamento.
-
plataforma espacial
estación espacial.
-
plataforma automotriz