"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Parapeto ou calquera outra defensa diante do muro principal dunha fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación colocada diante da muralla que ten función de defender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula de tratamento que corresponde a unha persoa ou corporación, posta antes da sinatura do escrito que se dirixe, para indicar o cargo que exerce ou algunha circunstancia significativa da sinatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario ao que é natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a neuralxia.

    2. Medicamento que combate a neuralxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación construída entre os ríos Forth e Clyde por orde do Emperador Antonino Pío (140?) para protexer os territorios británicos baixo dominio romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (7.179 km2; 750.000 h [estim 1994]. A capital é Anurādhapura (36.248 h [1991]), cidade fundada no 437 a C e que acadou o seu apoxeo no inicio da era cristiá. Foi abandonada no s IX e as súas ruínas foron descubertas en 1833. É un conxunto de templos e mosteiros, e lugar de peregrinación para os budistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira que protexe a quilla das embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Opresión producida polo excesivo axuntamento de varias persoas.

    2. Situación dificultosa que pode afectar a unha persoa, especialmente por problemas económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de abrir ou de abrirse.

    2. Inicio dun período ou actividade por vez primeira ou despois dun parón, acompañado ou non de celebracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría de abellas coa finalidade de aproveitar a súa produción, principalmente o mel e a cera. A colmea móbil, base da apicultura moderna ou racional, permite a observación e a manipulación da colonia sen perturbar a súa vida, como tamén a recolleita doada e non destrutiva dos favos. A práctica da explotación racional require: a localización do apiario nunha zona ben abastecida de plantas melíferas; cómpre que haxa auga suficiente preto do apiario e en xeral un clima temperado e seco; cómpre escoller colonias fortes (máis de 60.000 individuos) e de boa raza, como, por exemplo, a italiana (Apis mellifica variedade ligustica). A maior produtividade das colmeas ben poboadas suxeriu a invención de colonias compostas, cun número variable de colonias superpostas, que mediante as manipulacións adecuadas acadan rendementos extraordinarios, esta é a chamada colmea rañaceo (Dugat-Standard) de M. Dugat. Durante o período de floración, cómpre prover a colmea de alzados, caixóns...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posición xentil do corpo.

    2. Boa actitude da persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nota de adorno que se fai sentir antes da principal, dándolle un relevo particular ao soar un instante máis tarde do que o faría de non existir o adorno, e que constitúe a súa resolución se este creou unha disonancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de apresurar.

    2. Que actúa con présa.

    3. Que se realizou de présa ou sen coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de apresurar ou apresurarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén actúe máis rapidamente.

    2. Apurarse a facer algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de apurar.

    2. Que ten ou que actúa con présa.

    3. Que está en apuros ou dificultades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consumir algo, xeralmente un líquido, aproveitándoo na súa totalidade.

    2. Meterlle présa a alguén.

    3. Darse présa un mesmo para realizar algo.

    4. Realizar algo dun xeito máis acelerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arar.

    2. Labor ou tarefa de labrar a terra co arado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do Océano Índico oriental que limita ao O co mar de Timor, ao L comunica co mar do Coral, polo estreito de Torres, e ten ao N as costas de Nova Guinea e ao S as de Australia (650.000 km2). Notables pesquerías de perlas.

    VER O DETALLE DO TERMO