"XT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Que se pode exterminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen extermina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Matar ou eliminar completamente unha raza, especie ou calquera conxunto de seres vivos.

    2. Destruír ou acabar totalmente con algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de exterminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento de ensino ou sección del en que só hai alumnos externos.

    2. Condición de alumno externo.

    3. Conxunto de alumnos externos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da economía ambiental que explica cómo a actividade dunha persoa ou empresa repercute sobre o benestar doutra ou sobre a súa función de produción, sen que se poida cobrar un prezo por ela. As externalidades son de dúas clases: externalidade negativa, cando as repercusións son negativas, e externalidade positiva, cando as repercusións son beneficiosas para a sociedade.

    2. Concepto económico que cobre aqueles custos e beneficios atribuíbles a unha actividade económica e que non están incluídos no prezo dos bens ou servicios reproducidos.

    3. Conxunto dos factores alleos a unha actividade produtiva que inflúen de xeito determinante na súa evolución.

    4. Beneficios ou custos sociais que se derivan da realización dunha actividade privada e que non son contabilizados nesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que sostén que o pensado ou dito depende en boa parte de factores externos á mente do que pensa ou fala. Aplicado ao eido do coñecemento científico, afirma que o seu desenvolvemento está determinado por circunstancias de tipo social, económico ou político. Oposto ao internalismo, ocúpase das aplicacións menos prácticas da ciencia e dos intereses e das necesidades que as fan posibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está ou actúa no exterior.

    2. Que é perceptible polos sentidos.

    3. Aplícase á persoa que non vive ou dorme no lugar onde traballa ou estudia, especialmente o alumno que só permanece no colexio ou escola nas horas de clase.

    4. Periférico ou dispositivo que non está instalado dentro da caixa dun ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás áreas de distribución dos órganos receptores.

    2. Conxunto de sensacións que se recollen por medio das terminacións nerviosas situadas na periferia (pel e mucosas) e que actúan como receptores sensitivos. Pode ser xeral (sensacións táctiles, de presión, dor ou temperatura) ou especial (sensacións auditivas, visuais e olfactivas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao receptor que se sitúa na pel e nas mucosas e que recolle os estímulos que forman a sensibilidade exteroceptiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de extinguir ou extinguirse.

    2. Fenómeno polo que, nun microscopio petrográfico, a luz que atravesa un mineral non chega ao ocular.

    3. Desaparición dalgunhas lonxitudes de onda causadas pola absorción, interferencia ou polarización, nunha radiación composta.

    4. Desaparición total dalgunha especie de ser vivo por causas naturais ou humanas.

    5. Redución do brillo dos astros causada basicamente polo po interestelar e que, polo tanto, é máxima cando se observa en dirección ao centro da Galaxia. Resulta inversamente proporcional á lonxitude de onda e, en consecuencia, a luz vermella é menos absorbida ca a azul, feito que motiva o arrubiamento interestelar.

    6. Proceso de desaparición dunha lingua, resultado dun caso extremo de contacto lingüístico, que ten lugar cando unha lingua desaparece completamente por presión doutra. Para que un idioma se extinga, acostuma producirse previamente un proceso de declive, no que se van reducindo progresivamente os falantes e os usos desa lingua, ata desapareceren completamente. Téñense proposto e utilizado diferentes claves para recoñecer e interpretar estes procesos, pero os medios utilizados varían sensiblemente dunhas comunidades e dunhas situacións a outras. Linguas como o córnico, o dálmata, o exipcio, o hitita ou o sumerio sufriron procesos de extinción lingüística. Unha das principais e máis antigas referencias do campo de estudio creado arredor deste tema constitúea a desaparición da lingua latina. Autores como Joseph Vendryes, con traballos publicados na década de 1930, inscríbense nesta liña, aínda que o campo de estudo se estableceu como tal a comezos da década de 1970. Existen varios tipos de extinción...

      1. Cesamento dos efectos dun acto ou dunha relación xurídica, ou da posibilidade de que se produzan se aínda non comezaran a facelo.

      2. extinción da relación laboral

        Cesamento definitivo dos efectos dunha relación laboral.

      3. extinción da responsabilidade penal

        Cesamento dos efectos da pena pola intervención de diferentes circunstancias posteriores á comisión do delito. As causas da extinción poden ser naturais, como a defunción do condenado, ou xurídicas, como o perdón ou a renuncia da parte ofendida (en determinados casos), a prescrición, o indulto ou a amnistía.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode extinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que cese gradualmente algo ata que deixe de existir.

    2. Facer que algo deixe de queimarse ou lucir.

    3. Desaparecer gradualmente unha cousa ata que deixa de existir.

    4. Apagarse o lume ou a luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para extinguir ou que causa extinción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se extinguiu.

    2. Que ou quen faleceu.

    3. Taxon do que non queda ningún representante vivo.

    4. Taxon que só sobrevive en cultivo, en cativerio ou en poboacións naturalizadas completamente fóra da área de distribución orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que extingue.

    2. Aparello que serve para apagar un pequeno incendio. Xeralmente é cilíndrico, metálico e de capacidade moi variable (dende menos dun litro a algúns centenares de litros). O sistema de expulsión do produto que contén (auga, dióxido de carbono, po, etc) é moi diverso (unha panca, a inversión do aparello, etc). Algúns extintores póñense en funcionamento cando a temperatura supera un certo valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode extirpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extirpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de extirpar.

    2. Aplícase ao estado dunha especie ou poboación que foi completamente eliminada dunha área determinada, pero que continúa existindo nalgunha outra localidade.

    VER O DETALLE DO TERMO