extintor -ra
extintor -ra
(< extinguir)
-
adx
Que extingue.
-
s
m
[TECNOL]
Aparello que serve para apagar un pequeno incendio. Xeralmente é cilíndrico, metálico e de capacidade moi variable (dende menos dun litro a algúns centenares de litros). O sistema de expulsión do produto que contén (auga, dióxido de carbono, po, etc) é moi diverso (unha panca, a inversión do aparello, etc). Algúns extintores póñense en funcionamento cando a temperatura supera un certo valor.