"andi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 305.

  • Produción cinematográfica arxentina dirixida en 1939 por Luis Bayón Herrera. Foi a primeira película dese país na que se utilizaron diversos trucos para efectos especiais, amais supuxo a primeira aparición cinematográfica da actriz Niní Marshall, concretamente no papel protagonista. Cándida, a criada galega que sempre se mete en líos, era unha personaxe moi popular da radio arxentina. A súa estrea cinematográfica constituíu un grande éxito, polo que as súas aventuras se repetiron en once películas, entre elas Los celos de Cándida, Cándida millonaria e Cándida la mujer del año. Nesta primeira comedia, chega Cándida a Bos Aires procedente de Galicia coa intención de empregarse no servizo doméstico e gañar diñeiro. Unha vez colocadada e tras solucionar os problemas económicos dos seus amos, será recompensada e poderá casar co seu noivo, un mozo de almacén, tamén galego, co que abrirá un bar. Niní Marshall basea a comicidade da súa personaxe na utilización humorística e amable...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que aspira ou está proposta para un posto, unha dignidade ou un honor.

      2. Persoa que se presenta a unha elección.

    1. Persoa que alguén propón para ocupar un determinado cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proposta ou condición de alguén como candidato.

    2. Conxunto de candidatos presentados ou propostos para unha elección.

    3. Papeleta, escrita co nome dun ou varios candidatos, utilizada para votar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relato publicado en 1759 por François M. Arouet, coñecido como Voltaire. É unha novela de formación baseada no esquema narrativo da busca. O obxectivo é atopar o modo ideal de situarse no mundo, concretado no lugar axeitado no que establecerse. O descubrimento do espazo idóneo para existir identifícase co saber existir. O título asocia o nome de Cándido a unha cuestión filosófica, o optimismo, e acada deste xeito un valor de provocación ao unir dúas palabras con connotacións contrarias: a inocencia ou simpleza que suxire o nome de Cándido e a concepción do optimismo como descubrimento da propia identidade, xurdida como unha crítica á proposta de Leibniz do optimismo como aceptación da Providencia. A simpleza do protagonista dificultaralle acadar o seu propio lugar no mundo, en tanto que o seu candor o predispón a crer inxenuamente no que lle impoñen os demais. O coñecemento e a realización do mellor modo de existencia para el, equivalerá á conquista dun criterio que lle permita...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cándido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección producida pola proliferación dos fungos do xénero Candida, especialmente da especie Candida albicans. Segundo a súa localización distínguese entre candidiase mucosa (afta, vulvovaxinite, balano-postite), candidiase cutánea (na rexión anal dos neonatos ou na pel das pregaduras inguinais, axilares, interdixitais, etc, dos adultos), a candidiase esofáxica ou dixestiva, a candidiase urinaria, etc. A sepsia candidiásica representa a invasión sanguínea polos fungos; trátase dun cadro grave que pode dar abscesos á retina ou ao pulmón e que pode afectar tamén ao corazón (endocardite), ao óso (osteomielite), á pel, aos músculos, ao cerebro, ás meninxes (meninxite) e ás articulacións (artrite).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Candide ou l’optimisme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa carecente de malicia e que resulta fácil de enganar.

    2. Que é da cor do leite ou da neve.

    3. Que está libre de defecto ou impurezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do latín candidus ‘branco, luminoso’ e, metaforicamente, ‘sereno, sincero, puro’. Era un cognome común na Roma imperial. Posúe os hipocorísticos Canducho, Ducho/Canducha, Ducha, Dotas. San Cándido (s III) era oficial da lexión tebana, lugartenente de san Mauricio, xunto ao que foi decapitado no Valais suízo, en tempos do Emperador Maximiano. Santa Cándida (s IV) foi unha virxe e mártir de orixe romana ou milanesa. Outra santa do mesmo nome foi unha das compañeiras de santa Úrsula e as Once Mil Virxes. Na iconografía, san Cándido leva vestiduras de militar romano, mentres que santa Cándida viste túnica e manto como o das doncelas romanas, sostendo na man a palma do martirio. Documéntanse distintas celebracións, pero non ten parroquia nin romaría propia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Cervo, no concello de Cedeira. Recibe este nome porque nela se localiza un faro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámpada composta por un recipiente con aceite, graxa ou outra substancia combustible que se acende por medio dunha torcida depositada no seu interior, e unha asa para podela colgar e transportar.

    2. Nome que reciben as libélulas adultas, especialmente as das familias dos gónfidos e dos oxigástridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido basto elaborado con liño ou la e estopa.

    2. Tipo de saia de liño moi gordo ou de la que se usaba en moitas zonas de Galicia para as faenas do campo ou para poñer debaixo doutra saia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro grego. Formado en Atenas, entre 1945 e 1951, foi colaborador de Le Corbusier. Preocupado polas cuestións do urbanismo e polas vivendas sociais, realizou importantes obras en Marrocos, amais doutros proxectos en Francia. A súa obra máis importante é a Universidade Libre de Berlín, realizada con J. Prouvé e P. Dony.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de caracois de cuncha de ata 10 mm de lonxitude, arredondada, de cor cinsenta e liñas espirais claras. A especie C. intersecta está presente en ambientes areosos de toda Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. BOT Inflorescencia pendurante e pouco vistosa de plantas de polinización principalmente anemófila, como o castiñeiro ou o millo

    2. Res vacúa ou cabalar grande, fraca e mal formada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Sil pola esquerda. Nace da confluencia de varios regos na parroquia de Candeda, no concello de Carballeda de Valdeorras. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena a parroquia de Domiz. Virando cara ao NO penetra no concello do Barco de Valdeorras pola parroquia de Éntoma, na que desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político hondureño. Estudiou dereito na Universidade Central e, logo de exercer a avogacía, ingresou na Academia Militar de Tegucigalpa. Participou na guerra contra Nicaragua en 1907 e ao ano seguinte foi elixido xefe militar da zona norte do país. Participou na fundación do Partido Nacional en 1923 e desempeñou o cargo de presidente da República (1932-1949), dende o que exerceu unha ditadura co apoio do exército. Sufocou revoltas liberais (1936-1937) e en 1941 declarou a guerra ao Eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asento colgado dunhas cordas, cadeas ou barras que serve para balancearse como diversión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, xornalista e político. Licenciado en Dereito (1882), exerceu como profesor de historia de Catalunya nos Estudis Universitaris Catalans (1891-1922) e no Ateneu Enciclopèdic Popular. Membro da Lliga Regionalista, foi presidente da Joventut Conservadora (1890), rexedor do concello de Barcelona (1891-1922) e cónsul da República Dominicana en Barcelona desde o ano 1900. Como xornalista empregou o pseudónimo César Cardiran. Dirixiu a Revista Mercedaria (1918) e foi colaborador de Illustració Catalana (1896), Las Noticias (1919-1930), La Vanguardia (1930-1935) e Diari de Barcelona. Entre as súas obras destacan Geografía General de Cataluña (1908-1918), Geografía General del País Vasco-Navarro (1921?), Geografía del Reino de Valencia (1922), Geografía del Reino de Galicia (1928-1923) na que colaboraron, entre outros, A. Couceiro Freijomil, Uxío Carré Aldao, Anxo do Castillo, Vicente Risco e Juan Rof, e El folklore y costumbres de España (1933). Foi presidente...

    VER O DETALLE DO TERMO