Carreras i Candi, Francesc
Historiador, xornalista e político. Licenciado en Dereito (1882), exerceu como profesor de historia de Catalunya nos Estudis Universitaris Catalans (1891-1922) e no Ateneu Enciclopèdic Popular. Membro da Lliga Regionalista, foi presidente da Joventut Conservadora (1890), rexedor do concello de Barcelona (1891-1922) e cónsul da República Dominicana en Barcelona desde o ano 1900. Como xornalista empregou o pseudónimo César Cardiran. Dirixiu a Revista Mercedaria (1918) e foi colaborador de Illustració Catalana (1896), Las Noticias (1919-1930), La Vanguardia (1930-1935) e Diari de Barcelona. Entre as súas obras destacan Geografía General de Cataluña (1908-1918), Geografía General del País Vasco-Navarro (1921?), Geografía del Reino de Valencia (1922), Geografía del Reino de Galicia (1928-1923) na que colaboraron, entre outros, A. Couceiro Freijomil, Uxío Carré Aldao, Anxo do Castillo, Vicente Risco e Juan Rof, e El folklore y costumbres de España (1933). Foi presidente da Acadèmia de Bons Lletres de Barcelona (1918-1931, 1934-1937) e fundador do boletín desta institución (1901).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso