"bot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 225.

  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Estudiou con Abraham Bloemaert e despois en Italia. O seu paisaxismo idealizado (Paisaxe cun estanque) influíu en Claes Berchem e Albert Cuyp. A paisaxe, que ata ese momento empregaba como fondo, adquire protagonismo ao converterse nunha personaxe máis da escena. O seu irmán Andries Both (Utrecht 1608? - 1652), que foi tamén pintor, especializouse en recrear escenas campesiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político sudafricano. Ao iniciarse a guerra anglo-bóer en 1899, uniuse ao exército bóer, converténdose no seu comandante en 1900. Participou nas negociacións do Tratado de Vereenigen, que rematou co conflito. Primeiro ministro do Transvaal (1907-1910) e da Unión Sudafricana (1910-1919), ao comezar a Primeira Guerra Mundial apoiou a causa aliada e en 1915 anexionou as posesións alemanas do SO africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sudafricano. Militante do Partido Nacional, en 1948 entrou no parlamento. Exerceu como ministro de Defensa (1966-1980) e de Seguridade Nacional (1978-1984). En 1978 chegou a ser primeiro ministro, e en 1984 Presidente da República. A súa inoperancia no desmantelamento da política de apartheid fixo que perdera apoios incluso dentro do seu propio partido e houbo de dimitir como Presidente do país en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico experimental. Alumno de Max Planck, foi profesor na Universidade de Giessen (1930-1932) e director do Instituto de Física de Heidelberg (1932-1934). Desenvolveu a técnica das medidas co contador Geiger. En 1930, en colaboración con H. Becker, descubriu unhas radiacións de gran poder de penetración, posteriormente identificadas como grupos de neutróns. Colaborou na construción do primeiro ciclotrón alemán (1944). Gañou o Premio Nobel de Física de 1954, que compartiu con Max Born.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes acoirazados da clase dos placodermos, de ata 30 cm de lonxitude, propios de finais do Devónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde o boticario vende e fai medicinas.

    2. Conxunto de medicamentos.

    3. Caixa onde se gardan as medicinas necesarias para os primeiros auxilios nun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘botica’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘boticario’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa titulada que prepara medicamentos e dirixe unha farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe da familia dos bótidos.

    2. Familia de peixes da orde dos pleuronectiformes á que pertencen os rapapelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘botar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido orixinario de Catalunya, València e as Illes Balears, elaborado enchendo unha tripa ou unha porción de tripa de porco ou de vacún -e atando os extremos- cunha mestura de carnes de porco (carne magra, touciño, orella, fociño, etc) convenientemente picadas, con especias e salgadas. Ás veces, engádese, ademais da carne de vacún, outros ingredientes, como ovos, cebola, arroz e mesmo azucre. Se se engade sangue en cantidades apreciables, e incluso fígado, denomínase botifarra negra, e se non, botifarra branca; unha certa clase de botifarra negra especialmente rica en sangue é a denominada botifarra de sangue. Outra variedade é a botifarra catalá que se caracteriza por ser especialmente compacta e por estar elaborada con carne de porco de calidade, máis ben magra e pouco picada, e trufas. Existen variedades crúas e cocidas, para consumir como friame, como prato ou como ingrediente de diversas preparacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘botella’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘botellazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde ás voces ‘botar, guindar, parir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calzado alto, máis pequeno ca a bota, que chega a cubrir o pé e o nocello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bens ou obxectos de valor (armas, cartos, gando, etc) que os vencedores dunha batalla tiñan dereito a tomar dos inimigos vencidos. Considerado un dereito clásico da guerra, hoxe en día é internacionalmente rexeitado.

    2. Conxunto de obxectos roubados ou apreixados empregando métodos violentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidad de Deusto. Presidente do consello de administración do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1958 e foi nomeado conselleiro en 1960. En 1962 foi nomeado director xeral, vicepresidente segundo en 1971 e conselleiro delegado en 1977. Sucedeu a seu pai na presidencia do Banco en 1989. Pertence aos consellos de administración de Fuerzas Eléctricas de Cataluña, Compañía Española de Petróleo, Banco Comercial Español e Compañía Telefónica Nacional de España. É membro e vicepresidente do xurado dos Premios Príncipe de Asturias, membro do Bank Deposit Guaranty Foundation e da fundación Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz da Orden de Bernardo O’Higgins de Chile. En 1991 recibiu o Premio Futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito pola Universidad de Deusto. Vicepresidente segundo do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1957 e en 1960 foi nomeado subdirector xeral. En 1965 entrou na xunta directiva do Banco Intercontinental (Bankinter), da que foi nomeado presidente en 1986. É membro da Fundación Marcelino Botín.

    VER O DETALLE DO TERMO