Botha, Louis

Botha, Louis

Militar e político sudafricano. Ao iniciarse a guerra anglo-bóer en 1899, uniuse ao exército bóer, converténdose no seu comandante en 1900. Participou nas negociacións do Tratado de Vereenigen, que rematou co conflito. Primeiro ministro do Transvaal (1907-1910) e da Unión Sudafricana (1910-1919), ao comezar a Primeira Guerra Mundial apoiou a causa aliada e en 1915 anexionou as posesións alemanas do SO africano.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Greytown, Natal

  • Deceso

    Lugar : Pretoria