"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

    1. Exercer unha acción sobre algo para poñelo en funcionamento.

    2. Facer movementos ou xestos, especialmente coas mans, para dar a entender, con maior ou menor énfase, algunha cousa ou para acompañar a palabra.

    3. Exercer unha acción legal.

      1. Abastecer de enerxía e forza precisa para facer mover unha máquina.

      2. Dirixir a acción dun mecanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de accionistas.

    2. Conxunto dos traballadores que participan na administración e na propiedade da empresa mediante a posesión de accións integrantes do capital. Constitúe unha das formas da coxestión de empresas e entra no que se denomina capitalismo popular. Foron as políticas neoliberais dos anos oitenta, desenvolvidas nos EE UU por R. Reagan e en Gran Bretaña por M. Thatcher, as que deron un sentido práctico e efectivo a este concepto económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás accións ou ao accionariado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás accións dunha sociedade mercantil.

    2. accionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Titular dunha ou varias accións dunha sociedade anónima, en comandita ou por accións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos accipítridos ao que pertence o azor e o gabián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • falconiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos accipítridos.

    2. Familia de aves da orde dos falconiformes ao que pertence o xénero Accipiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade antiga e promontorio do NL de Grecia, na Acarnania. Fronte ao promontorio, preto da illa de Leucada, tivo lugar a batalla de Accium (31 a C) entre a flota de Octavio e a de Marco Antonio e Cleopatra. Esta batalla foi o derradeiro episodio da loita polo poder entre Augusto e Marco Antonio. As naves de Cleopatra fuxiron; Marco Antonio foi derrotado e suicidouse, o que causou o famoso suicidio de Cleopatra cun áspide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta epigramático coñecido tamén polo seu pseudónimo Unico Aretino. As súas obras foron recopiladas baixo o título de Comedie, capitolie, strammoli (1513).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista norteamericano.
    É un dos mellores representantes do body art. Preocupado polos problemas de expresión e comunicación experimentou, a cotío, co seu propio corpo e o seu rostro. Realizou numerosos filmes e vídeos que recollen as súas investigacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xusteza de ritmo na interpretación dun paso de danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Gana (949.113 h [1988]). Situada na Costa do Ouro do golfo de Guinea, está formada pola cidade residencial de James Town, o centro comercial de Ussher Town, os edificios administrativos de Victoriaborgt e o castelo de Christiansborg, residencia do gobernador. A actual cidade desenvolveuse ao redor de tres núcleos do s XVII: Fort James (actualmente prisión), fundado polos ingleses en 1673; Fort Crèvecoeur, polos holandeses en 1650 e que cando pasou a Gran Bretaña en 1871 pasou a designarse co nome de Ussher; e o castelo danés de Christiansborg, que pasou aos ingleses no ano 1850. Accra foi a capital da Costa do Ouro dende o ano 1876, desenvolvéndose sobre todo a partir de 1909, cando mellorou as súas comunicacións coas rexións produtoras de cacao. É o núcleo administrativo e comercial do país, comunicado por estrada cos importantes portos de Tema e Takoradi, ao tempo que centro industrial (industria téxtil, química, de maquinaria, de material de construción, alimentaria, do cacao)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia celebrada do 15 ao 22 de abril de 1958 en Accra (Gana), onde se reuniron, baixo a presidencia de Kwane Nkrumah -primeiro ministro de Gana-, representantes de oito dos nove estados africanos independentes (Libia, Marrocos, Sudán, Tunicia, República Árabe Unida, Etiopía, Gana e Liberia). O lema que aglutinou os participantes foi África para os africanos. A conferencia condenou, nas súas conclusións, o colonialismo e o racismo e reafirmou o principio de cooperación económica e cultural africana como única vía para evitar o intervencionismo das potencias non africanas. Así mesmo, foron ratificados, por unanimidade, a totalidade dos principios asumidos pola Conferencia de Bandung (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Gana, que se estende ao redor da cidade homónima, capital do país (2.593 km2 ; 1.696.170 h [estim 1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Foi o primeiro científico que industrializou a iluminación con gas hidróxeno, que estableceu en Londres. Investigou no eido da física experimental, a mineraloxía e química; así mesmo, escribiu obras sobre diversos temas, entre as que cómpre destacar Treatise on adulteration of food and culinary poisons (Tratado de adulteración de comida e velenos culinarios, 1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de tipo sintáctico que consiste na acumulación de palabras ou sintagmas do mesmo tipo, natureza ou función para acadar unha gran forza expresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano, de orixe florentina, profesor na Universidade de Boloña. Foi o autor da Magna Glossa (Gran Glosa), recompilación sistemática das anotacións e dos comentarios recollidos no Corpus Iuris e noutras escolmas feitas por glosadores precedentes e contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (38.588 km2; 2.284.208 h [1991]). A capital é Orumiyeh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción, chamada tamén reacción de Hopkins-Cole, que permite poñer de manifesto a presenza de triptófano nas proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO