"ibn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Atabeg de Damasco (1146-1174), fillo e sucesor de ‘Imād al-Dīn Zangī. En loita cos croatas, defendeu o condado de Edessa (1146-1150) e de Damasco (1154).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán omaní. Formouse en Reino Unido na Royal Military Academy Sandhurst e en 1970 encabezou un golpe de estado que destronou ao seu pai, Sa’īd ibn Taymūr, e converteuse en sultán. Estableceu un réxime absolutista, do que é xefe de estado e goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soberano persa (976-981 e 998-1012). Pertenceu á dinastía ziyarita, que gobernou en Gorgān e en Ṭ abaristān. En loita contra os samánidas de Bukhara, tivo que facerse vasalo deles para protexerse do crecente poder dos buwayhís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Califa bérber de Córdoba (1018-1023). Membro dos hammuditas, tras a morte de seu irmán, ‘Alī ibn Hammūd de Córdoba, ocupou o poder fronte aos dereitos do seu sobriño Ya ḥ ya ibn ‘Alī, que o depuxo en 1021. Recuperou Córdoba (1023) para logo ser desterrado polo pobo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo persa. Escribiu a obra cosmolóxica A ǧ ā’ ib al-makhlūqāt (As marabillas das cousas creadas) e unha xeografía en dúas redaccións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista, poeta, lexicógrafo e historiador. Guerreiro dos omeias e descendente da nobreza visigoda, escribiu Ta’rī) iftitā ḥ al-Andalus (Historia da conquista de Al-Andalus).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e filósofo sirio. Cristián de orixe grega, contribuíu eficazmente á difusión da ciencia grega no mundo oriental con numerosas traducións ao árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Famoso polos seus za ǧ al, o seu árabe dialectal, con numerosos mozarabismos, é unha fonte moi importante para o coñecemento da fala da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e filósofo persa. Coñecido en Occidente como Rhazes, foi xunto con Avicena o médico máis destacado da Idade Media. Autor de numerosos escritos médicos, o máis coñecido é o Kitāb al-Hāwī (en latín Continens), a enciclopedia médica usada en Europa ata o s XVI. En filosofía escribiu máis de corenta obras e negou a posibilidade de conciliar pensamento filosófico e relixión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Averroes.
-
PERSOEIRO
Poeta árabe. Foi o primeiro en compoñer muwaxahas en Oriente, e é autor dunha preceptiva deste xénero.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Xefe da confederación de tribos oghuz que se estableceu na desembocadura do Sirdarja, baixo a vasalaxe dos samánidas e dos qarakhánidas ata 1032. Un dos seus netos, Togrïl Beg, iniciou a dinastía musulmá selxúcida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Šělomó ibn Gabirol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Šělomó ibn Saqbel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Šělomó ibn Verga.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Coñecido nas fontes árabes por Abū Ibrāhīm al-Šay ẖ . Residiu en Málaga (1013-1020), onde foi secretario do visir ibn al-Arīf e a cuxa morte exerceu o mesmo cargo na taifa zírida de Granada. Foi (1027) xefe das alxamas xudías da taifa, visir e xefe do exército. Publicou un diván con 1742 poemas en hebreo, tres escolmas de poesía relixiosa, diversas obras talmúdicas e varias gramáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e gramático. É autor dunha vintena de obras, das que destacan al-Iqtidāb fī šar ḥ Adab al-kuttāb, comentario á Guía dos secretarios de ibn Qutayba; e Kitāb al- Ḥ adā’iq, unha obra de iniciación ás doutrinas filosóficas, que influíu no xudaísmo e que constituíu o primeiro intento en Al-Andalus por harmonizar o pensamento grego coa teoloxía islámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Baixo o mecenado de Mu ǧ āhid de Denia escribiu dous dicionarios lexicográficos: al-Muha ṣṣ a ṣ e al-Mu ḥ kam.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e médico iraniano. Coñecido como Avicena, a súa obra filosófica é moi ampla. O Kitāb al-šifā’ (Libro da curación) constitúe unha recompilación de todos os coñecementos do seu tempo, o Kitāb al-na ǧ āt (Libro da salvación) é un compendio do anterior. Na Epístola de Ḥ ayy ibn Yaq ẓ ā, obra alegórica escrita durante o encarceramento a que lle condena Tağ al-Dawla, Avicena é conducido a través do universo por Ḥ ayy ibn Yaq ẓ ā, quen lle amosa as rexións orientais -o mundo da forma-, cun certo parentesco estratigráfico coa Divina Comedia, ata chegar preto do Creador. Inclinouse polo aristotelismo, pero conservou moitos elementos neoplatónicos. A súa concepción do mundo é emanantista. Destaca a súa formulación filosófica sobre a diferenza entre ser creado e ser increado, mediante a teoría da distinción entre esencia e existencia...
VER O DETALLE DO TERMO