Šěmuel ben Yosef ibn Nagrella

Šěmuel ben Yosef ibn Nagrella

Político e escritor. Coñecido nas fontes árabes por Abū Ibrāhīm al-Šay ẖ . Residiu en Málaga (1013-1020), onde foi secretario do visir ibn al-Arīf e a cuxa morte exerceu o mesmo cargo na taifa zírida de Granada. Foi (1027) xefe das alxamas xudías da taifa, visir e xefe do exército. Publicou un diván con 1742 poemas en hebreo, tres escolmas de poesía relixiosa, diversas obras talmúdicas e varias gramáticas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Córdoba

  • Deceso

    Lugar : Granada