"mita" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 106.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino de Oriente Medio (1560?-1350? a C), centrado na Alta Mesopotamia. A súa poboación era hurrita, foi dirixido por unha aristocracia militar indoaria, a dos maryanna, que practicou de 1560 a 1450 a C unha política antiexipcia para o control de Siria, e de 1450 a 1350 a C, unha política antihitita. O Rei Parattarna (1545?) someteu Alalakh (Siria) e Kizzuwadna (Cilicia). Baixo Saustatar (1500?), acadou o seu apoxeo estendéndose do Tauro ao Zagros e dos Amanus ata Al-Biqā’, aínda que foi nese momento cando Tutmosis III invadiu o reino (1472). Artatama I (1450) iniciou a política proexipcia e antihitita, pero Tušratta (1395?-1355 a C) foi atacado por Šuppiluliumaš I e perdeu a capital (1355), Waššukkani. Finalmente foi sometido polos hititas.
-
-
Relativo ou pertencente á República Democrática do Vietnam ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da República Democrática do Vietnam.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Palermo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Palermo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido palmítico. Dos sales metálicos, que se coñecen como xabóns, destacan o monopalmitato de aluminio, Al(OH)2(C16H31O2), que se emprega como impermeabilizante nas industrias de curtido, papel e téxtiles, e o palmitato de cinc Zn(C16H31O2)2, que se emprega como aditivo do caucho e lubricante na industria dos plásticos. Dos alcalinos, o sódico e o potásico interveñen na composición de moitos xabóns de baño. Entre os ésteres destacan o palmitato de cetilo, principal compoñente do espermaceti, e a palmitina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Beccadelli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tebas 229? - 343?) Relixioso. Está considerado, tradicionalmente, o primeiro ermitán, pois retirouse ao deserto durante a persecución de Decio. A única fonte biográfica sobre el é a Vita Pauli de Xerome, réplica da Vita Antonii de Atanasio. Segundo esta, foi compañeiro de santo Antón Abade e morreu aos 113 anos. Represéntase como un vello e porta palmeira, cranio, disciplinas e un corvo, que o alimentou durante sesenta anos. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Amiens 1050? - Huy 1115) Monxe e cruzado francés. A lenda atribúelle un papel destacado na predicación e organización da Primeira Cruzada. As súas predicacións, non obstante, foron posteriores ao Concilio de Clermont (1095). Tomou parte na expedición popular que culminou en desastre (1096) e incorporou os restos das súas tropas ao exército de Godofredo IV de Boulogne (1097). Durante o sitio de Antioquía fuxiu (1098), pero despois uniuse ás tropas para entrar en Xerusalén. De volta a Francia, fundou e foi prior do mosteiro de Neufmoustier, preto de Huy. Venerado como beato, a súa festividade celébrase o 8 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das persoas que viviron na Terra antes que Adán, a existencia dos cales ofrece dificultades dogmáticas para unha interpretación ríxida da Xénese, que o considera o primeiro home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de gres, xeralmente arxiloso, rico en micas de orixe dedrítica, que se dispón en capas finas.
-
-
Relativo ou pertencente aos rustemitas.
-
Membro da dinastía kharixita fundada por ‘Abd al-Rahmān ibn Rustum arredor da cidade de Tāhert, que construíu (761-908). A dinastía foi destruída polos bérberes kutama, de crenzas xiítas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos semitas ou á súa lingua.
-
Individuo dos pobos semitas.
-
Pobos que constituíron unha unidade étnico-lingüística e ocuparon unha rexión limitada ao N polo Tauro e o Antitauro, ao S polo Océano Índico e o mar de Arabia, ao L polo altiplano iránico e ao O polo Mar Vermello e o Mediterráneo. O termo foi empregado por primeira vez por A. L. Schlözer en 1781 para designar un grupo de linguas (arameo, hebreo, árabe e fenicio) faladas por pobos que un pasado bíblico (Xénese) facía, na súa maioría, descendentes de Sem, fillo de Noé. É imposible establecer cal é o primitivo pobo semítico e o lugar onde vivía. Desde o punto de vista relixioso pódese descubrir un pasado común nalgúns trazos, sobre todo o nome de Deus (El) e a pervivencia de formas culturais propias do primitivo nomadismo como as festividades (Pascua, Pentecoste), os santuarios ao aire libre a carón de árbores ou as fontes ou pedras sagradas. Historicamente destacan os asentamentos acadio en Mesopotamia e amorreo en Siria e en Babilonia no V e III milenio a C, respectivamente. Os...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Sodoma.
-
Natural ou habitante de Sodoma.
-
-
Que ou quen practica a sodomía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversas sobre a limitación de armas estratéxicas iniciadas en 1969 entre EE UU e a URSS para frear a carreira de armamentos, especialmente a dos nucleares. As principais foron as de Moscova (1972), a partir das que se denominaron SALT II, e as de Vladivostok (1975). As negociacións, que comezaron en 1979, retomáronse en 1982 baixo a denominación de START.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de limaduras de aluminio e de óxido de ferro que se emprega en aluminotermia e para soldar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfoteluriuro de bismuto, de fórmula Bi2STe2, que cristaliza no sistema hexagonal. Ten unha exfoliación perfecta, unha cor gris clara chumbo e unha dureza de 1,5-2. Forma mallas por repetición, de catro individuos, de onde lle vén o nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tramitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer os trámites necesarios para a realización de algo.
-
-
Relación matemática entre as variables de saída e as de entrada dun sistema ou servosistema que serve para expresar o comportamento do sistema. OBS: Tamén se denomina función de transferencia.
-
Inversa da opacidade dun corpo. OBS: Tamén se denomina factor de transmisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de silicio, de fómula Si2O, que cristaliza no sistema monocíclico ou hexagonal en pequenos cristais. É incolora ou branca e estable entre os 870°C e os 1470°C, de peso específico 2,29-2,28 e dureza 6,5-7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
actualismo.