Pedro o Ermitán

Pedro o Ermitán

(Amiens 1050? - Huy 1115) Monxe e cruzado francés. A lenda atribúelle un papel destacado na predicación e organización da Primeira Cruzada. As súas predicacións, non obstante, foron posteriores ao Concilio de Clermont (1095). Tomou parte na expedición popular que culminou en desastre (1096) e incorporou os restos das súas tropas ao exército de Godofredo IV de Boulogne (1097). Durante o sitio de Antioquía fuxiu (1098), pero despois uniuse ás tropas para entrar en Xerusalén. De volta a Francia, fundou e foi prior do mosteiro de Neufmoustier, preto de Huy. Venerado como beato, a súa festividade celébrase o 8 de xullo.