"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos creadores da moderna escola de neuroloxía en España, dende o seu dispensario, fundado no 1882, do Hospital de la Santa Creu. Describiu por primeira vez a lipodistrofia cefalotorácica progresiva, que recibiu o seu nome (enfermidade de Barraquer-Simons), o reflexo de prensión plantar, a atetose asociada ás encefalopatías infantís adquiridas e a atrofia unilateral xeneralizada de orixe reflexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso de formación francesa. Realizou, en estilo clásico, un proxecto de reconstrución total do Kremlin de Moscova (1772) que non foi levado a cabo. É autor do Novo Arsenal de Leningrado (1768 -1769). A súa obra mestra é a casa Pahkov (1784-1786), máis tarde denominada biblioteca Lenin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Redactor do Krest´janskaja Gazet (1923-1929), destacou como autor de contos e novelas inspiradas en lendas do Ural como Malakhitovaja škatulka (O estoxo de malaquita, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor croata. Introduciu no seu país as tendencias literarias imperantes na Europa do momento, dende Ibsen ata Pirandello. Escribiu poesía, teatro e novela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. O tema central da súa creación é o traballo como contido da existencia do home. Entre as súas obras destaca: Zizn’ Berežkova (A vida de Berežkov, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurólogo ruso. Foi un dos membros máis importantes, xuntamente con Pavlov, da escola de reflexoloxía rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Deuse a coñecer co conto Derevn’a Berd’ajka (O pobo de Berd´ajka, 1961) e consagrouse con Privyčnoje delo (Traballo habitual, 1966). Da súa produción destacan Plotničkije Rasskazy (Historias dun madeireiro, 1968), Utrom u subbotu (Sábado pola mañá, 1976) e Vospitanije po doktoru Spoku (A educación segundo o doutor Spock, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Expulsado do seu país (1922), foi a Berlín e a París (1925), onde fundou a revista Put. Pensador cristián afastado de toda ligadura dogmática e influído polo idealismo poskantiano, fixo unha crítica despiadada do cristianismo institucional e do comunismo; interesouse polo home como espírito -a actividade creadora, a historia e a liberdade-, e na súa última época situouse na liña do pensamento existencialista alemán. Cómpre destacar Filosofia svobody (A filosofía da liberdade, 1911), Novoe srednevekovie (A nova Idade Media, 1924), De la destination de l’homme (Sobre o destino do home, 1931), De l’esclavage et de la liberté de l’homme (Da escravitude e da liberdade do home, 1946) e Samopoznanie: opyt filosofskoj autobiografii (Autocoñecemento: ensaio de autobiografía filosófica, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. En 1917 adheriuse ao partido bolxevique e, entre 1921 e 1931, dirixiu a policía política de Xeorxia. En 1931 accedeu á dirección do Partido Comunista de Xeorxia e comezou un proceso de persecución dos labregos opostos ás colectivizacións do Cáucaso e proclives ao Nacionalismo. En 1934 ingresou no Comité Central do partido, en 1940 no Politburó, e en 1941 no consello supremo da guerra. En 1942 foi ministro de Seguridade e do Interior, e en 1946 acabou cos responsables das purgas dos anos trinta. Á morte de Stalin (1953) formou parte do triunvirato dirixente con Georgij Maksimilianovič Malenkov e V’ačeslav Mikhajlovič Molotov, aos que se enfrontou. Foi detido e executado en 1953.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático ucraíno. Estudiou en París e en Göttingen. Foi profesor e director do Instituto de Ciencias Matemáticas de Khárkov, profesor na Universidade de Leningrado e membro da Academia de Ciencias da URSS. Ademais dos seus traballos en teoría de funcións e ecuacións diferenciais, deu, xunto con Kolmogorov, unha axiomatización do cálculo de probabilidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou o almanaque Pol’arnaja zvezda (A estrela polar, 1823-1825), onde recolle novelas e comentarios críticos románticos. Escribiu tamén Olga (1821) e Mulla Nur. Algunhas das súas obras foron traducidas ao alemán, ao sueco e ao polaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e diplomático. Realizou misións diplomáticas en Londres, Copenhaguen e Hamburgo, enviado pola Emperatriz Ana. Foi partidario da alianza con Austria e Inglaterra contra Prusia; fomentou tamén a política agresiva contra Turquía. Escribiu a obra Os consolos do cristián.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial do Reino de Galicia no Antigo Réxime, que tiña a súa capital na cidade de Betanzos. Abranguía o treito litoral que se estende entre o porto de Fontán, na ría de Sada (actual concello de Sada) e o río de Esteiro, entre a ría de Ortigueira e Estaca de Bares, prolongándose polo interior ata Sobrado (Sobrado dos Monxes). Tiña como límites orientais as serras da Coriscada, da Faladoira, da Loba, o Cordal de Montouto e a Cova da Serpe. Como provincia do Antigo Réxime, non tiña máis competencias que as de servir como marco territorial de representación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir de numerosos volumes procedentes de conventos e mosteiros da provincia, fundamentalmente do mosteiro de San Xián de Samos. Entre os seus fondos figuran abundantes obras dos ss XVI, XVII e XVIII, da biblioteca de Antonio Alexandre Sarmiento de Sotomayor, bispo de Mondoñedo e da colección de Benito Menacho con 6.800 volumes, con edicións españolas e francesas do s XVIII. Tamén inclúe a colección Montenegro con obras literarias de principios do s XX, unha colección de clásicos franceses e edicións dos ss XVI, XVII e XVIII. A biblioteca posúe unha sala dedicada ao libro galego e dispón dunha colección de xornais lucenses de finais do s XIX en adiante. A sala xeral ten tres incunables. A finais dos anos 80 contiña máis de 60.000 volumes nos seus fondos.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo ruso. A partir de Stikhi o Prekrasnoj Dame (Versos a unha bela dama, 1904) converteuse no principal poeta simbolista ruso. Unha vez fracasada a revolución do 1905, derivou cara ao pesimismo e a sátira, como nos dramas líricos Balagančik (O barracón dos saltimbanquis, 1906) e Roza i Krest (A rosa e a cruz, 1913). En Dvenatcat’ (Os doce, 1918) e Škify (Os escitas, 1918) presenta unha visión mesiánica e moi persoal da revolución do 1917.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Graduouse na Universidade de Moscova no ano 1930 e foi profesor dela dende o 1936 ata o 1956. Ata o 1965 foi director do Instituto de Investigación Nuclear de Dubna. Estudiou as reaccións en cadea e a física das partículas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Estudiou Filosofía e Historia en Kiev. A partir de 1917 exerceu como catedrático de Psicoloxía e Filosofía en Moscova. Desde o inicio da revolución socialista interveu na planificación e organización escolar soviética. Realizou unha síntese das ideas dos pedagogos da Escola Nova coas de Marx e creou un principio de educación socialista. Ideou a escola de produción, que une o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas, partindo do postulado de que a escola debe reflectir a organización social e económica. Sobre este tema escribiu Tarefas e métodos da escola nova primaria (1917) e A escola do traballo (1919) e, no campo psicopedagóxico, Memoria e pensamento (1938) e Análise psicolóxica da memoria (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso coñecido como Galen. De orixe obreira, serviu no exército tsarista ata 1916. En 1917 uniuse aos bolxeviques, chegando a ser delegado do partido en Samarra. Ao mando de tropas do Exército Vermello combateu, durante a guerra civil, contra os exércitos contrarrevolucionarios de Kolčak e Wrangel. En 1921 foi nomeado ministro da Guerra da República de Siberia. Dende 1922 ata 1938 foi comandante das forzas soviéticas no Extremo Oriente e, entre 1924 e 1928, foi conselleiro militar de Sun Yat-sen e de Chiang Kai-shek. En 1935 foi ascendido a mariscal. En 1937 presidiu o consello de guerra contra Zujachevski e pouco despois, entre 1938 e 1939, desapareceu víctima dunha depuración ordenada por Stalin. Foi rehabilitado en 1956, trala chegada ao poder de Kruščov.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Típico expoñente da época clasicista da literatura rusa, fíxose famoso co poema Dušenka (1775), imitación da Psyché de Lafontaine.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico. Traballou no Museo de Arte Moderna en Nova York e como crítico de cine en importantes revistas como Esquire. Publicou numerosas biografías sobre directores como Hitchcock e Fritz Lang. Entre as súas películas destacan: The last Picture Show (A última película, 1971), What’s Up, Doc? (Que me pasa, doutor?, 1972), Mask (Máscara, 1985), Texasville (1990) e The thing called love (Esa cousa que chaman amor, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO