Blonskij, Pavel Petrovič

Blonskij, Pavel Petrovič

Pedagogo. Estudiou Filosofía e Historia en Kiev. A partir de 1917 exerceu como catedrático de Psicoloxía e Filosofía en Moscova. Desde o inicio da revolución socialista interveu na planificación e organización escolar soviética. Realizou unha síntese das ideas dos pedagogos da Escola Nova coas de Marx e creou un principio de educación socialista. Ideou a escola de produción, que une o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas, partindo do postulado de que a escola debe reflectir a organización social e económica. Sobre este tema escribiu Tarefas e métodos da escola nova primaria (1917) e A escola do traballo (1919) e, no campo psicopedagóxico, Memoria e pensamento (1938) e Análise psicolóxica da memoria (1940).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kiev

  • Deceso

    Lugar : Moscova