"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Nome con que é coñecido Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel, duque de Alba por antonomasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito en drupa do albaricoqueiro, de polpa carnosa, xeralmente amarela, e de pel máis ou menos alaranxada, veluda, cunha fenda lateral sinalada. Consómese ao natural, empregado na elaboración de marmeladas e licores, ou comercializado seco, en forma de orellóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de ata 6 m de altura, de orixe asiática, de follas cordiformes e dentadas, enroscadas cando son novas en forma de cornete. As flores, brancas ou rosadas, aparecen antes ca as follas; o froito é o albaricoque. É propia de solos secos e pedregosos. Cultívase como árbore froiteira na Europa meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Celebración que se leva a cabo despois de ter selado un compromiso, contrato, convenio ou venda e que consiste en tomar todos xuntos un vaso de viño ou unha comida.

      2. Comida que se ofrece aos amigos e veciños ao remate dunha casa e que se indica poñendo unhas pólas, normalmente de loureiro, no seu cume, preto da cheminea.

      3. Comida que se ofrece aos operarios ou xornaleiros ao remataren un traballo.

    1. Copa de augardente ou comida lixeira que se toma entre o almorzo e o xantar.

    2. Termo da xerga das palilleiras que designa ‘a festa que se fai despois dunha exposición ou dun labor difícil e ben feito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cubano. Estudiou medicina en Barcelona e exerceu en París. Foi un dos creadores da uroloxía moderna e instaurou a proba diagnóstica de secreción renal que leva o seu nome (proba de Albarrán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona que comprende e circunda a Albufera, declarada protexida no 1986 polo Consello da Generalitat Valenciana. A súa extensión é de 21.000 ha e protexe os ecosistemas da Albufera, da Devesa da Albufera e os pantanos circundantes. Ten importancia ornitolóxica debido a 260 especies de aves, das que máis de 80 son niñificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Novo México, nos EE UU, á beira do Río Grande (411.994 h [1994]). Fundada no 1706 polos españois, é centro comercial e estación terminal aérea e ferroviaria transcontinental. Experimentou un grande impulso dende 1945 tralo establecemento de bases de investigación e lanzamento de mísiles. Industria alimentaria e Universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador das Indias portuguesas (1508-1515). Fundador do imperio colonial portugués, no 1506 explorou a costa de Madagascar, monopolizou o comercio das especias procedentes das Molucas desviándoo do Mediterráneo coa ocupación de Adén, Socotra e Ormuz; no 1510 someteu Calcuta, Goa, Malabar, Sri Lanka e Malaca, dende onde mandou expedicións cara a Xava, ás Molucas (1511) e aos mares da China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar portugués. Nomeado Gobernador de Pernambuco (1628), dirixiu a defensa da praza contra os holandeses (1630-1635). No 1640 participa na Guerra de Secesión Portuguesa contra Castela conseguindo a Victoria de Montijo (1644), que lle valeu o título de primeiro conde de Alegrete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, nos Baldíos de Alburquerque (5.780 h [1996]). Agricultura mediterránea (cereal, oliveira e vide) e explotación de cortiza. Conquistada por Fernando II en 1166. Enrique IV entregoulla á Orde de Santiago en 1464. Entre 1703 e 1715 estivo baixo soberanía portuguesa. A vila, murada, está dominada por un castelo; son de interese as igrexas de Santa María (s Xlll) e de San Mateo (s XVll).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título de Castela que no 1373 lle foi concedido como condado a Sancho de Castela, irmán de Enrique ll, a quen sucedeu a súa filla Leonor de Alburquerque, dona de Fernando de Antequera. O terceiro conde foi o seu fillo Enrique de Aragón a quen lle confiscaron o título no 1445, incorporándoo de novo á Coroa de Castela. No 1464, foi outorgado novamente como ducado ao Gran Privado Beltrán de la Cueva y Afonso de Mercado. O sétimo duque, Francisco Fernández de la Cueva y de la Cueva, foi lugartenente de Catalunya e Vicerrei de Sicilia. O título pasou no 1830 aos Osorio, marqueses de Alcañices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adiantado Maior do Reino de Galicia na época do Rei Sancho IV de Castela. Apoiou o infante don Xoán, irmán do Rei, na procura da Coroa de Galicia e conseguiu liberalo cando estaba preso ao aliarse co Rei de Portugal don Denís e cos señores galegos fronte a don Sancho. O Rei perdooulle o seu acto de rebeldía, pero nun posterior alzamento a prol do infante fixo que acabara en prisión. Salvou a vida mercede á mediación da raíña María de Molina, parente súa e rexente trala morte de Sancho, e ao apoio da nobreza galega e leonesa. Despois de prestar xuramento de fidelidade a Fernando IV e non cumprilo, marchou a Portugal e entrou ao servizo do Rei don Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome castelán de El Ksar-el-Kébir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado no 1578 entre as tropas do Rei Sebastián de Portugal, que auxiliaba o Rei destronado de Marrocos, e os insurrectos marroquís. Foi unha desfeita para Portugal: alí morreron o Rei e un gran número de nobres portugueses. Significou o fracaso do afianzamento en Marrocos do imperio africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Real despacho o dezasete de marzo de 1891 pola Raíña Rexente María Cristina de Austria, no nome de Afonso XIII, que otorgou a Grandeza de España en 1925 a Fernando Quiñones de León y de Francisco-Martín, marqués de San Carlos. O dous de xullo de 1950 expediuse carta de sucesión a favor de Pedro Fernando Christopherson Quiñones de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo de ata 45 cm de lonxitude, corpo alongado, estreito e comprimido lateralmente, mandíbulas -a inferior máis longa que a superior- debilmente dentadas que se alongan nun bico, aleta dorsal e anal separadas da caudal por 5 ou 8 pínnulas, dorso azulado, de costados e ventre prateados cunha mancha azul na base de cada aleta pectoral. É unha especie epipeláxica, que forma grandes bancos en alta mar e que se alimenta de zooplancto e larvas de peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO