"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Manolo Caracol, iniciouse no canto flamenco desde moi novo, xa que o seu pai tamén era cantante. Despois de gañar un concurso de canto marchou a Madrid, onde traballou en diversas compañías de variedades. En 1943 formou parella artística con Lola Flores, coa que realizou os filmes Embrujo (1946) e La niña de la venta (1951). Gravou varios discos, entre os que destaca Una historia del cante (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Dirixiu as colonias escolares do Sanatorio Marítimo Nacional de Oza dos Ríos e participou no Congreso Pedagóxico da Coruña (1926). Ademais das obras literarias Prosas aladas del jardín interior (1916), De mi breviario lírico (1921), Salterio Triunfal (1922) e Quiso robar una estrella (1923), escribiu tamén Colonias Escolares. La experiencia de Oza de los Ríos (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e xornalista arxentino. Doutorouse na Universidad de Madrid coa tese Etiología y tratamiento del Lupus tuberculoso (1891), e especializouse na cirurxía do sistema nervioso. Foi o primeiro neurocirurxián que realizou con éxito a operación cirúrxica do sistema nervioso simpático cervical en España. Dirixiu o Hospital Provincial de Pontevedra (1910) e foi redactor e fundador do xornal compostelán Pero-Grullo (1888). Escribiu La cirugía del sistema nervioso en España antes de la época actual (1900) e Resección total y bilateral del simpático del cuello (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Avogado do estado ante o Tribunal Supremo, durante o Franquismo foi un dos fundadores do grupo Tácito. Foi director xeral de Política Interior (1975-1976), subsecretario técnico do presidente Adolfo Suárez (1976-1977), ministro da Presidencia (1977-1979) e ministro de Educación (1979-1980). Promoveu o decreto de incorporación da lingua galega ao sistema educativo. Deputado pola UCD e polo PP (1979-1993), en 1982 fundou o Partido Demócrata Popular. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Reformas de la Asesoría Jurídica de las Administraciones tributarias (1974), La administración financiera del Estado como sujeto de relaciones jurídico-obligacionales (1978), Nuestra democracia puede morir (1987), Educación: una incógnita en el cambio actual (1998) e Fundamentalismos enmascarados (2001). Recibiu a Gran Cruz das ordes de Carlos III, Isabel La Católica e Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Catedrático de Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación na Universidade de Santiago de Compostela desde 1995, entre 1994 e 2003 dirixiu a Escola de Formación de Profesorado de Lugo. Especializouse no estudo da Institución Libre de Enseñanza e desenvolveu ademais liñas de investigación relacionadas coa historia do excursionismo escolar e as conexións entre infancia e educación militarista. Das súas publicacións destacan Las Misiones Pedagógicas: una experiencia de educación popular (1982), Manuel Bartolomé Cossío. Trayectoria vital de un educador (1994), Manuel Bartolomé Cossío. Pensamiento pedagógico y acción educativa (1994), Francisco Giner de los Ríos Religius’ Conception of Religius Education: Insights Afforded by an unpubliched Text (1999), La formazione dei maestri in Spagna: un approccio storico (2000), Francisco Giner, a escola primaria e a universidade (2001) e Giner y Cossío en el verano de 1883. Memoria de una excursión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo mexicano. Influído polos poetas clásicos, como Horacio ou Virxilio, consolidouse como autor nunha liña paralela ao modernismo mexicano. Da súa obra destacan El himno de los bosques (1891), La noche rústica de Walpurguis (1897), Poemas rústicos (1902) e Idilio salvaxe (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliotecario e escritor. Foi xefe da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e vicesecretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu, ademais de diversas biografías, Manual de biografía y de bibliografía de los escritores españoles del siglo XIX (1859), Al Batallón de Literarios: Romance histórico (1875) e Hijos ilustres de la Universidad de Santiago (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desde 1950 formou parte, co escultor Martín Chirino e o pintor M. Millares, dun grupo de vangarda insular, que en Madrid se integrou no grupo El Paso. Promoveu a creación da Academia Canaria de la Lengua, da que foi vicepresidente. Das súas obras destacan Oí crecer las palomas (1955), A la sombra del mar (1962), Una bebida desconocida (1986), Para mayor gloria (1997) e Hacia otra realidad (2000). Recibiu o Premio Canarias de Literatura (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudou en València e París con Charles Koechlin e Maurice Ravel. Membro do Consejo Nacional de Educación Musical, foi director do conservatorio de València. Das súas obras destacan Gongoriana (1927, Premio Nacional de la Música), Marcha burlesca (1936), Atardecer (1945, Premio Nacional de la Música) e a ópera Maror (1953-1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador, marqués de Miraflores e conde de Villapaterna. Colaborou estreitamente con R. Narváez durante o década moderada. En 1846 foi ministro de Estado e de Gobernación do Reino da Península e Adxacentes. Despois de afiliarse á Unión Liberal, presidiu o Consello de Ministros (1863-1964). É autor de Apuntes históricos para escribir la historia de la revolución de España desde el año 1820 hasta 1823 (1834) e Memorias para escribir la historia contemporánea de los siete primeros años del reinado de Isabel II (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Foi inspector de primeiro ensino das provincias de Lugo e A Coruña. Participou activamente no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Defendeu a reforma do ensino e a supresión da xuntas locais. É autor de Programa de instrución primaria elemental ampliada (1867), El corazón de la infancia. Máximas morales para las escuelas (1880), El guía de los maestros (1885), Conferencias pedagógicas de 1888. Discursos de la inauguración y clausura (1888) e Valoración de la situación escolar en 1879.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista húngaro. De nome János Csezmicei, foi bispo de Pécs e chanceler de Matías I de Hungría. Tradutor de Demóstenes e Plutarco, escribiu poesía en latín. Da súa produción destacan Andreae Mantegnae elegia (1458), Panegyricus in Renatum e Silva Pangyrica ad Guarinum Veronensem praeceptorem suum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de México (520 km) que nace na rexión endorreica da conca de México, atravesa a rexión montañosa de San Luis Potosí e desemboca no golfo de México, preto de Tampico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Formado en París e Londres, dirixiu as orquestras filharmónicas de Cracovia (1945) e Varsovia (1946). Despois de establecerse en Inglaterra (1954) e naturalizarse inglés, comezou a traballar na Birmingham Symphony Orchestra (1957-1959). Escribiu oito sinfonías, un concerto para piano (1962), a cantata Pregaria Universal (1968-1969) e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves paseriformes, da familia dos timálidos, ao que pertence a especie P. biarmicus (rabilongo das canaveiras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Capitán da mariña mercante, foi gobernador civil de Pontevedra (1987-1994) e voceiro do Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra. Ademais de colaborar en varios medios de comunicación, principalmente sobre temas marítimos e políticos, é autor de diversas obras sobre historia marítima, das que destacan Realidad y ficción en la piratería (1993), El corso español en el siglo XVII (1993), O pirata da Moureira (1994) e El último pirata (1996). Recibiu o Premio de Ecoloxía Galicia, o Paul Harris Fellow de Rotary International, a Gran Cruz del Mérito Naval e a Gran Cruz del Mérito Policial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e político. Foi decano do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1988-1996 e desde 2000) e presidente da Autoridade Portuaria da Coruña (1982 e 1996-1999). Presidiu o Partido Demócrata Liberal en Galicia e foi membro do comité executivo nacional (1982-1989). Foi deputado no Parlamento de Galicia por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños (1986-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de baloncesto. Coñecido como Lolo Pardo, ao longo da súa carreira pertenceu á disciplina do E. N. Bazán, Hesperia de Madrid e Bosco A Coruña. Foi internacional e participou nos II xogos do Mediterráneo, onde gañou a medalla de ouro. Recibiu a Medalla de Bronce al Mérito Deportivo (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO