Otero Novas, José Manuel
Xurista. Avogado do estado ante o Tribunal Supremo, durante o Franquismo foi un dos fundadores do grupo Tácito. Foi director xeral de Política Interior (1975-1976), subsecretario técnico do presidente Adolfo Suárez (1976-1977), ministro da Presidencia (1977-1979) e ministro de Educación (1979-1980). Promoveu o decreto de incorporación da lingua galega ao sistema educativo. Deputado pola UCD e polo PP (1979-1993), en 1982 fundou o Partido Demócrata Popular. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Reformas de la Asesoría Jurídica de las Administraciones tributarias (1974), La administración financiera del Estado como sujeto de relaciones jurídico-obligacionales (1978), Nuestra democracia puede morir (1987), Educación: una incógnita en el cambio actual (1998) e Fundamentalismos enmascarados (2001). Recibiu a Gran Cruz das ordes de Carlos III, Isabel La Católica e Alfonso X el Sabio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo