"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como catedrático de Latín no ensino medio. Colaborador en distintas publicacións (Grial, Trebo, etc), destaca como autor de literatura infantil e xuvenil. Publicou: O xílgaro pintor (1987), Os gazafellos (III Premio Barco de Vapor, 1986), Andainas de Pedro Chosco (1989), O talismán dos druídas (1989), Investigación 091 (1989), Os enredos de Olalla (1990), O deus desaparecido, en colaboración con Andrés García Vilariño (I Premio Barco de Vapor, 1990), A fraga misteriosa (1992), S.O.S. (1994) e Romaxe de desventuras (1997), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, autor dramático e humanista italiano. Publicou a comedia Gli straccioni (Os farrapentos, 1544), dentro da tradición da comedia clásica, e Rime (Rimas, 1569), de acento petrarquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na comarca do Vallès (6.271 h [1996]). A economía perdeu o seu carácter eminentemente agrícola a partir de 1960 para dar paso ao proceso de industrialización. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a igrexa parroquial de San Vicent do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político italiano. De ascendencia nobre, recibiu en Milán unha sólida formación humanista. Estivo ao servizo de Ludovico Il Moro, de Francesco Gonzaga, co que combateu contra os franceses no Garellano, de Guidubaldo da Montefeltro e de Francesco Maria della Rovere, en Urbino. Durante estes anos desempeñou múltiples cargos, como as súas embaixadas en Inglaterra, en Milán, ante o rei de Francia, e en Roma, onde tratou a Raffaello Sanzio. Foi nuncio do Papa Clemente VII na corte imperial de Madrid, onde gozou da estima de Carlos V. A súa obra mestra é Il Cortegiano (1528), un tratado en catro libros en forma de diálogo no que ofrece unha visión idealizada da sociedade aristocrática do Renacemento. Xunto con Machiavelli, contribuíu á creación do ideal humano renacentista que debía ter unha formación integral e conxugar o exercicio físico coa elegancia dos modais, a cultura literaria e a virtude. Compuxo, ademais, unha égloga titulada Tirsi, o prólogo á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estivo ao servizo do arquiduque Fernando e foi durante algúns anos monxe cisterciense. A súa obra, recollida en Obras de amores, de conversación, morales y de devoción (1573), reflicte unha actitude aberta ás ideas do Renacemento, aínda que en poesía se decanta polo verso de tradición trobadoresca e popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e educador. Licenciouse en Medicina e exerceu a súa profesión en Galicia e Bergara (Gipuzkoa), onde ensinou a falar e a entender a un xordomudo. Discípulo de Ramírez de Carrión, trasladouse a Francia, onde tamén exerceu como médico, e posteriormente a Italia. Neste país introduciu o procedemento de ensinar aos xordomudos a expresarse, explicou os métodos de Pedro Ponce de León, Juan Pablo Bonet e Ramírez de Carrión, e traballou na demostración de que as ondas sonoras se transmiten aos xordomudos por conduto auditivo. Foi instrutor do fillo do príncipe Tomé de Savoia e médico persoal do duque de Mantua. Entre as súas obras destacan Petri a Castro Bayonatin febris maligna punticulares, aphosiomis delineata (1650), Bibliotheca Medici Eruditi (1654), Pestis Neapolitano Romana et Gemunses annorum 1656 y 1657, fidela narratione delinest et comentaris ilustratu (1657), Imber aureus seu chilias aphorisma rum ex libris epidemisis. Hipocrates et Francisco Vallisesit...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aníbal António Cavaco Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1833 ingresou no corpo de garda de corps. Participou en diversas campañas contra os carlistas, na Guerra de Marrocos e na represión do movemento republicano en Andalucía (1868). Durante a Primeira República nomeárono capitán xeneral de València (1873) e dirixiu as operacións contra os cantonalistas de Cartagena e València. Durante a Restauración foi capitán xeneral en Euskadi, ministro de Guerra (1875-1879), con Cánovas del Castillo, e axudante de campo de Afonso XII, quen lle concedeu o título de marqués de Torrelavega en 1876.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club escocés de fútbol fundado en Glasgow o 6 de novembro de 1887. Naceu no seo da comunidade parroquial católica do barrio do East-End, integrada fundamentalmente por obreiros de orixe irlandesa. En 1967 converteuse no primeiro club británico que se proclamou campión da Copa de Europa, nunha tempada na que acadou todos os títulos que disputou (Liga, Copa e Copa da Liga escocesa, Copa de Europa e Copa de Glasgow). En total venceu en 36 edicións da Liga e 30 da Copa do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Entre 1883 e 1884 estudiou en Madrid e entre 1885 e 1886 en Roma. Foi profesor e director da Escola d’Arts i Oficis e director do Museu de Belles Arts de Palma de Mallorca. Formado dentro do realismo idealizante da pintura mallorquina do s XIX, recibiu en Roma a influencia da pintura histórica. Evolucionou cara a un impresionismo colorista de fondo académico. Recibiu diversos galardóns nas exposicións xerais de Belas Artes de Madrid dos anos 1906 e 1908, e na exposición internacional de Belas Artes de Barcelona de 1907. Foi académico correspondente da Real Academia de San Fernando (Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou na academia de arte da súa localidade natal e en 1943 conseguiu unha bolsa da École des Beaux-Arts de París. Empezou a traballar co metal e, a partir de 1954, utilizou materiais de refugallo e instrumental industrial para a construción mesturada de masas integradas no espacio, como insectos e homes alados de formas agresivas, cheas de vitalidade e cunha gran forza plástica: L’ homme de Saint-Denis (O home de Saint-Denis, 1958) e Relleu (1961). Despois continuou coa liña do novo realismo que cultivara na súa primeira época. En 1975 deseñou a estatua dos César, premios da cinematografía francesa. En 1976 foi nomeado cabaleiro de honor da Lexión Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son coñecidos os libros escritos en lingua maia, empregando o alfabeto latino, en Yucatán, durante os séculos XVI e XVII. Compilados polos sacerdotes, levan o nome da cidade onde foron redactados. Adoitan ser crónicas conservadas moi fragmentariamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Korlogiji Čojbalsan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristal vermello illado en cultivos de Streptomyces griseus por Karl Folkers e polos seus colaboradores en 1947. Ten un papel importante na síntese dos ácidos nucleicos, no metabolismo do ácido fólico, das graxas e dos aminoácidos, e na conversión dos glícidos en graxas. Almacénase no bazo e nos riles. Emprégase no tratamento da anemia megaloblástica, polo que tamén se coñece como factor antianemia perniciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade acrobática e deportiva practicada por dous equipos formados por entre dous e seis ciclistas, que tratan de introducir unha pelota dentro dunha portería defendida polos contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que toca os címbalos.

    2. Instrumento de percusión de orixe oriental consistente nun mango que sostén un tipo de cúpula, na parte superior, e unha media lúa, na inferior, onde hai colgados axóuxeres e campaíñas que soan ao batelos. Nos ss XVIII e XIX utilizouse nas bandas militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento idiófono de percusión consistente en dúas placas curvadas de metal, de gran diámetro, que se baten unha contra a outra en posición vertical e con movementos ascendentes e descendentes. É un instrumento moi antigo, orixinario de Asia e divulgado en moitas culturas como a exipcia, a grega e a romana. Tamén se empregou na Idade Media. Mozart, Haydn e Beethoven utilizáronos nas súas composicións; dende o s XIX aparece con frecuencia nas pezas orquestrais, e no jazz usánse unha gran variedade de címbalos.

    2. Instrumento cordófono da familia das cítaras, orixinario de Hungría. Consiste nunha caixa trapezoidal sobre a que se tensan unhas cordas e o son prodúcese pola súa percusión mediante dúas baquetas. Béla Bartók, Franz Liszt e Zoltán Kodály incluírono nas súas pezas para orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Milán, Lombardia, (75.383 h [1997]). É un importante núcleo industrial que forma parte da conurbación da cidade de Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • clavecinista.

    VER O DETALLE DO TERMO