"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campañas emprendidas polo exército romano na Península Ibérica contra galaicos, ástures e cántabros, entre o 29 e 19 a C. Entre as causas desta guerra inclúense a búsqueda de prestixio persoal polo Emperador Augusto, o control sobre as riquezas mineiras da rexión e a protección dos territorios da meseta das frecuentes incursións destas poboacións. Os combates estendéronse dende o Miño ata os Pireneos e no 27 a C o mesmo Augusto dirixiu as operacións á fronte de 7 lexións. Os romanos rodearon a Cornixa Cantábrica de campamentos lexionarios e atacaron simultaneamente en tres columnas: polo L dende Segisamo (Sasamón, Burgos), polo centro dende Astúrica (Astorga) cara ao Bierzo e Asturias, e dende Bracara (Braga) cara a Galicia. Os indíxenas resistiron os ataques e emprenderon unha guerra de guerrillas aproveitándose da orografía. Derrotados no 25 a C, os supervivientes foron vendidos como escravos nas Galias, pero no 24 a C producíronse novas sublevacións, que se repetiron no 22 a C. Despois...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘coxa (da perna)’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial francesa fundada en 1826 por Louis-Christophe Hachette con sede en París. Edita libros, cun amplo catálogo, prensa e material audiovisual. Entre as súas publicacións destacan o Ditionnaire de la langue française de E. Littré (1863) e o Ditionnaire de l´Académie (1886). Adscrita ao grupo Hachette-Filipacchi, en España conta coa revista Hola e cos grupos Zeta e RBA. É a primeira editora de revistas do mundo, con 216 títulos en 34 países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pobo hebreo ou á lingua hebrea.
-
-
-
Idiotismo peculiar da lingua hebrea.
-
Palabra ou xiro lingüístico propio do hebreo empregado noutra lingua.
-
-
xudaísmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista na lingua e na literatura hebreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a lingua e a literatura hebreas.
-
-
Que ten carácter hebreo.
-
Que ou quen practica a relixión xudía.
-
-
-
Facer que algo ou alguén adquira costumes ou características hebreas.
-
Adoptar algo ou alguén trazos e costumes hebreos.
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Cultivou a talla directa e o relevo. Das súas obras destacan Figura de home (1884), a fonte de Wittelsbach (Múnic, 1890-1895) e a estatua ecuestre de Bismarck en Bremen. Escribiu Das Problem der Form (O problema da forma, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto austríaco. Formouse en Roma con C. Fontana e no Piemonte cos seguidores de G. Guarini. En Viena obtivo o título de enxeñeiro e fixo a colexiata de Göltweig, o palacio Schwarzenberg (1697-1715) e o palacio Dau-Kinsky (1713-1716), obras influenciadas pola monumentalidade do clasicismo italiano e francés. En 1720, foi nomeado arquitecto da corte e iniciou a construción do palacio do Belvedere (1720-1745). En Salzburgo proxectou a residencia de Würzburg e a reconstrución do castelo de Mirabell.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal (1049-1098). Monxe de Remiremont, á fronte da igrexa alemá apoiou o Emperador Enrique IV contra o Papa Gregorio VII. Apoiou o nomeamento do antipapa Clemente III (1080).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político hebreo. Ministro de Finanzas dos Reis Católicos, financiou, en parte, a Guerra de Granada. En 1492 estableceuse en Nápoles e en 1503 na corte dos duques de Venecia. Foi autor de numerosos tratados de filosofía, de apoloxética, do misticismo e da eséxese mesiánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta en lingua kazakho. Asinou co pseudónimo de Abaj Kunanbajev e foi un dos creadores da literatura nacional de Kazakhastán, que enriqueceu con traducións dos clásicos rusos e con libros de poemas inspirados nas paisaxes e costumes da súa terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Exipto (1848), fillo de Mu ḥ ammad ‘Alī. Dirixiu o exército exipcio en Arabia fronte ás tribos wahhabitas (1818) e ocupou Siria en 1832, que tivo que abandonar tralo Tratado de Londres (1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aviador. Formouse na Academia de Guadalajara, participou na Guerra de Marrocos e chegou a capitán en 1926. Realizou a travesía aérea Sevilla-Karachi (1928) e en 1929, co avión Jesús del Gran Poder, a do Atlántico Sur (1929), na que partiu de Tablada (Sevilla) coa intención de chegar ata Rio de Janeiro, pero a falta de combustible obrigoulle a aterrar en Bahia, despois de percorrer 6.746 Km en 43 horas. Dirixiu o primeiro continxente da Sociedade de Nacións na fronteira entre Colombia e Perú, na rexión de Leticia (1934), e ao tempo explorou a rexión en hidroavión. Tiña prevista unha expedición científica polo Amazonas que non puido realizar por causa da Guerra Civil, na que participou a carón dos sublevados. Trala guerra foi secretario xeral e técnico do Exército do Aire. Foi xefe de obras do aeroporto de Santiago de Compostela, co rango de tenente coronel, e dirixiu o proxecto para o aeroporto da Coruña, aprobado polo goberno en 1953. Presidiu o comité técnico de Iberia e o consello de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
feder.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode ou que é moi difícil de cobrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode quebrantar, referido especialmente a unha actitude ou a un posicionamento moral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado ou se dá entre dúas vértebras.