"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Estudou leis civís e canónicas en París e exerceu como conselleiro, antes de introducirse nos círculos literarios. Asiduo ao Hôtel de Rambouillet, chegou a ser confidente da marquesa de Rambouillet. As súas Historiettes (1835) reflicten este ambiente mundano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Republicano, participou na I Asamblea Federal Galega (1873). Foi alcalde da Coruña entre 1872 e 1873 e durante o seu goberno derrubáronse as murallas que rodeaban a Pescadería, polo que abriron novas vías de expansión na cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Efectuou as primeiras cronometraxes de traballos e estudou os sistemas de primas e as razóns da freada na produción, do que estableceu o fundamento da organización científica do traballo. Inventou os aceiros rápidos, que incrementaron a produtividade de máquinas-ferramentas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que ten por oficio tecer ou facer tecidos para pezas de roupa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela escrita por Antonio López Ferreiro e publicada por entregas en 1894 no xornal El Pensamiento Gallego. O autor introduciu no seu inicio un “Aviso ao bondadoso lector”, onde reflexiona sobre cuestións lingüísticas e o obxectivo do libro. A historia transcorre en Santiago de Compostela entre 1543 e 1546, e narra un enfrontamento entre os poderes civil e eclesiástico, atmosfera na que ten lugar unha historia de amor entre a filla dunha tecedeira, un criado e un escribán. O autor pretendeu transmitir a idea de que os problemas de Galicia viñan do centralismo da administración castelá. Escrita en galego na época do Rexurdimento, contribuíu á modernización da novela na literatura galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas que permiten obter información da superficie terrestre, das propiedades dos obxectos ou de todo á vez, sen contacto físico con eles e por medio da enerxía electromagnética que emiten ou refliten. Inclúe a fotografía aérea e a fotogrametría. OBS: Tamén se denomina percepción remota.
-
PERSOEIRO
Profesora. Foi profesora na Escuela Normal de Madrid e directora da Escola Normal da Coruña. Nas primeiras décadas do s XX desenvolveu un intenso traballo como pedagoga, escritora e conferenciante. Presidiu a sección de socioloxía do Ateneo, colaborou no Álbum artístico literario do século XX e pertenceu á redacción da Gaceta de Instrución Pública. Publicou Aritmética elemental (1986), en colaboración con María de la Rigada, e La mujer como factor indispensable en la lucha social. Recibiu a Cruz de Alfonso XIII e foi académica correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Táboa sobre a que se colocan as pezas de pan amasadas antes de enfornalas.
-
-
Lanzar torpedos contra obxectivos inimigos.
-
Facer que fracase un asunto.
-
-
-
Aplícase ao avión ou embarcación que está armado principalmente con torpedos.
-
Persoa que se encarga do lanzamento de torpedos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado pola raíña rexente María Cristina en 1890 a Manuel Bárcena Franco (Vigo 27.8.1834-1908), alcalde de Vigo (1879) e senador pola provincia de Pontevedra. A través da sociedade Menéndez y Bárcena, posteriormente Banca Bárcena, dedicouse ao comercio de importación, á consignación de buques e á representación de compañías navieiras estranxeiras. Fundador da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo, foi representante consular de Reino Unido, Rusia, Alemaña, Bélxica e Dinamarca. Recibiu a Gran Cruz de Isabel La Católica. O título herdouno o seu primoxénito, Manuel Bárcena e Andrés-García , cónsul de Reino Unido en Vigo. O seu fillo e sucesor foi Manuel Bárcena de Castro (Vigo 1.6.1905-Redondela 1.11.1962), III conde de Torre Cedeira, que non tivo descendencia polo que o título pasou ao seu irmán Filipe Bárcena de Castro (?-Vigo 4.8.1984), IV conde de Torre Cedeira. En 1985 herdou o título o seu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cedeira (Redondela). Consta dun corpo rectangular do s XVIII ao que se lle engadiu polo S unha escaleira e unha terraza e, no s XIX, unha nova á polo O, obra de Pacewicz, autor tamén dos xardíns que rodean a vivenda. A este conxunto engadíuselle un novo corpo en 1913. Realizado en cantaría, ten dúas plantas e o corpo principal remata con ameas.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (11.187 h [2001]). Ten industria téxtil, auxiliar da construción, do metal e química, ademais de turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Seguidor de Wittgenstein, estudou as teorías científicas, más alá dos límites que comportaba o positivismo lóxico, e presentou unha teoría xeral da razón. Destacan as súas obras The philosophy of science (1953), Human understandin’ (1972) e Cosmopolis: the hidden agenda of modernity.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cun estilo árido, as súas novelas representan o rexeitamento da novela como narración literaria, como Il podere (1921) e Tre croci (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
tremedal.
-
Planta herbácea anual, de ata 60 cm de altura, con talos ergueitos ou ascendentes, follas planas e moi estreitas con lígula membranosa, pubescente e lanceolada; Inflorescencia en panículas laxas e flores con glumas ovais naviculares. Florece entre febreiro e xullo en lugares secos e pedregosos, sobre todo en zonas do litoral.
-
-
Peixe mariño cartilaxinoso, da familia dos torpedínidos, co corpo comprimido dorsiventralmente.
-
tremedeira cinco ollos [port: tremelga de olhos; cast: tremielga de ollos; ingl: eyed electrid ray] [Torpedo torpedo, Fam dos torpedínidos]
Peixe mariño, de ata 60 cm de lonxitude co corpo fláccido, case circular, e cola forte, pel lisa e sen escamas. Ten órganos eléctricos a ambos os dous lados do disco coa capacidade de producir pequenas descargas eléctricas que lle permite capturar as súas presas e tamén defenderse. Aliméntase de crustáceos, moluscos e pequenos peixes. Habita nos fondos costeiros arenosos, limosos de entre 5 e 30 m de profundidade.
-
tremedeira xaspeada [cast: tembladera jaspeada] [Torpedo marmorata, Fam dos torpedínidos]
Peixe mariño selacio, de ata 60 cm de lonxitude, co corpo aplanado, case circular e cola forte. É de cor marrón máis ou menos xaspeado. É carnívoro e ten actividade fundamentalmente nocturna. Ten a propiedade de producir pequenas descargas eléctricas, producidas por órganos eléctricos situados na parte inferior do corpo, o que lle permite capturar as súas presas e tamén defenderse. Aliméntase de crustáceos, moluscos e pequenos peixes. Habita nos fondos costeiros areosos e limosos a profundidades de entre os 5 e 30 m. Vive no Atlántico e nas costas africanas e europeas.
-
-
-
PERSOEIRO
Político. Doutor en Dereito, foi membro do corpo xurídico da Armada (1974-1983) e letrado do Consello de Estado desde 1979. Coordinador xeral da refundación do PP (1989-1990) e deputado desde 1989, foi vicepresidente (1989-1996) e presidente (1996-2000) do Congreso de los Diputados e ministro de Defensa (2000-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Microbiólogo inglés. Foi un dos primeiros que aplicou métodos selectivos na obtención de cultivos bacterianos puros e, xunto a G. Ingram, estableceu a necesidade dun factor de crecemento (a vitamina K) para o desenvolvemento dos cultivos de determinados microorganismos. En 1915 describiu a destrución do estafilococo pioxénico por un bacteriófago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Mecha Ortiz, da súa numerosa filmografía destacan Mujeres que trabajan (1938), El gran secreto (1942), Camino del infierno (1945), Cartas de amor (1951), Bendita seas (1956), Boquitas pintadas (1974) e Piedra libre (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘alcalde’.