Torre Cedeira, pazo de
Torre Cedeira, pazo de
Construción situada en Cedeira (Redondela). Consta dun corpo rectangular do s XVIII ao que se lle engadiu polo S unha escaleira e unha terraza e, no s XIX, unha nova á polo O, obra de Pacewicz, autor tamén dos xardíns que rodean a vivenda. A este conxunto engadíuselle un novo corpo en 1913. Realizado en cantaría, ten dúas plantas e o corpo principal remata con ameas.