"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Físico estadounidense. En 1993 recibiu, xunto con R. A. Hulse, o Premio Nobel de Física polo descubrimento dun novo tipo de púlsar, o que abriu novas posibilidades no estudo da gravitación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elizabeth Rosemond Taylor.
-
PERSOEIRO
Físico canadense. En 1990 recibiu, xunto con J. Friedman e H. Kendall, o Premio Nobel de Física polos seus traballos, que foron a primeira evidencia experimental da existencia real dos quarks.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dermatólogo. Estudou diversas enfermidades da pel, e en 1875 describiu a atrofia idiopática que se coñece como enfermidade de Taylor.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Teorema que dá o desenvolvemento en serie dunha función f(x), fixada un punto a. Se f(x) é unha función dunha variable real e derivable n veces, a fórmula que expresa o teorema de Taylor é:
FORMULA
f(x) = f(a) + f’(a)·(x-a) + 1__2! f’’(a)·(x-a)2 + ...
...+ 1__n! f(n)(a)·(x-a)n + Rn+1a(x)Os (n+1) primeiros sumandos desta expresión coñécense como polinomio de Taylor de grao n, para f no punto a, mentres que o termo Rn +1a(x) denomínase resto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de organización do traballo, baseado nas ideas de Frederick Winslow Taylor, precursor da organización científica do traballo, que é un estudo detallado dos procesos de traballo, que se descompoñen en diversas tarefas, cuxo tempo de execución se determina mediante cronometraxes e no establecemento, como incentivo, do pagamento de primas ligadas ao rendemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento comercial de cinematografía en cor, ideado en 1914 polos estadounidenses D. Frost Conestock, H. T. Kalmus e W. B. Westcott e baseado no uso dunha cámara provista dun espello dicroico que permite impresionar simultaneamente tres películas, cada unha das cales corresponde a unha das tres cores fundamentais. O primeiro ensaio fíxose na película The Gulf Between (1917), e a primeira película comercial que empregou este sistema foi The Toll of the Sea (1921).
-
PERSOEIRO
Adestrador de balonmán. Coñecido como Fran Teixeira, iniciou a súa andaina no S.A. Ceuti (1981-1982), no Santa Cristina (1982-1983), no B. M. Lalín (1983-1985) e no Círculo Mercantil de Vigo (1985-1989). Posteriormente adestrou os equipos S. D. Teucro (1989-1996), B. M. Chapela (1996-1999) e Pilotes Posada Octavio (1999-2002). Desde 2003 adestrou o Sporting Clube de Portugal. Recibiu o Premio de Mellor Adestrador Galego (1996, 1999 e 2000) e a Medalla de Oro al Mérito da Real Federación Española de Balonmano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito, foi deputado por Coalición Democrática no Congreso de los Diputados (1979-1986). Pertenceu á Comisión dos 9 e foi conselleiro no goberno preautonómico de Galicia (1979-1980). Foi presidente rexional de Alianza Popular de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro non inflamable soluble en alcohol e éter, e insoluble en auga. Ten unha extensa aplicación como disolvente industrial e emprégase como vermífugo, nematicida e como medio para a transmisión de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que contén catro átomos de cloro.
-
PERSOEIRO
Filólogo. Catedrático de latín (1942-1956) e reitor (1951-1956) da Universidad de Salamanca, ingresou na Real Academia Española en 1968. Publicou estudos e traducións sobre autores grecolatinos, como Gramática histórica latina: Sintaxis (1946), Vida de Aristóteles (1947) ou Aristóteles Retórica (1953), e sobre temas diversos de lingüística indoeuropea (Sprachen und Inschriften, Studien zum Mykenischen, Lateinischen und Hispanokeltischen), prerromana (Estudios sobre las primitivas lenguas hispánicas, 1949; The ancient languages of Spain and Portugal,1961), vasca (La lengua vasca, 1950) e amerindia (Catálogo de las lenguas de América del Sur, 1961; e Relatos y diálogos de los matacos seguidos de una gramática de su lengua, 1982). Foi nomeado doutor honoris causa pola universidades de Múnic (1953), Bos Aires (1954) e Dublín (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico organofosforado que actúa como insecticida de aplicación foliar. Activo por inxestión e contacto, está autorizado para as froiteiras, oliveiras, viña, plantas de horta e árbores ornamentais. Está catalogado como nocivo para o home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino, incoloro, soluble en auga, alcohol e éter, delicuescente e fortemente corrosivo, que se emprega como reactivo para a detección da albumina e na preparación de herbicidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo insaturado clorado que se emprega no desengraxamento de metais, como solvente de extracción, como refrixerante e fluído para intercambio de calor, e como fumigante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro e case inodoro, moi volátil, miscible cos solventes orgánicos e inmiscible con auga, que ten unha densidade de 1,490. Emprégase como solvente, refrixerante, axente propelente e extintor. OBS: Tamén se denomina freon 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten tres cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista artístico-literaria mensual e ilustrada que comezou a súa andaina en 1917 en México. O seu fundador, propietario e director foi Xulio Sesto. Imprimíase na editorial mexicana, propiedade do fundador, coñecida como El Libro Español S A. Deixou de publicarse pouco antes da morte do seu propietario, en 1960.
-
PERSOEIRO
Feminista e socialista utópica, avoa de Paul Gauguin. Coñecida como Flora Tristan, estivo influída polas doutrinas de Fourier e Saint-Simon e dedicouse a difundir o seu ideal de rexeneración social. Defendeu a liberación da muller, que consideraba intimamente relacionada coa liberación do proletariado. Publicou Pérégrination d’une paria (1838), Promenades dans Londres (1840) e Union des ouvriers (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Flore-Celestine-Thérèse-Henriette Tristan Moscoso.