"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Incisión cirúrxica no ril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio comprensivo, ou superestadio (e superidade), do Cretáceo inferior, que agrupa diversos estadios. Inclúe habitualmente os catro estadios inferiores do Cretáceo. O estrato tipo encóntrase en Neuchâtel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neocomiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos neocomítidos.

    2. Molusco fósil da familia dos neocomítidos.

    3. Familia de moluscos cefalópodos fósiles, semellante á dos ammonítidos, que viviron no Valanxiniano e Hauteriviano (Cretáceo Inferior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico do grupo dos oligoaminoholósidos. S.A. Waksman e H.A. Lechevalier en 1949, conseguiron illalo do agromo dun cultivo dun actinomiceto do solo (Streptomyces fradiae). A neomicina é un antibiótico de amplo espectro, activo contra a maioría das bacterias Gram-negativas, sobre todo os axentes de numerosas infeccións intestinais, colibacilos, axentes da febre tifoide, da disentería bacilar do cólera e tamén contra as bacterias Gram-postitivas (estafilococos e estreptococos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica desenvolvida na segunda metade do s XIX, que supuxo unha renovación dentro do tomismo e que tomou pulo como parte da neoescolástica. Foi impulsada por León XIII, que pretendía convertela no punto de partida da renovación intelectual da Igrexa Católica. Os primeiros defensores desta renovación foron pensadores próximos aos xesuítas como M. Liberatore e J. Kleutgen. No s XX destacou E. Gilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neotomismo.

    2. Seguidor do neotomismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica total ou parcial dun nervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica dun nervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Fórmula para calcular a potencia enésima dun binomio, coñecida tamén como teorema do binomio. No caso de que o expoñente n do binomio sexa un número natural a súa expresión é

    FORMULA

    onde os coeficientes (nk) coñecidos como coeficientes binomiais, obtéñense da fórmula
           

    FORMULA2

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Hyōgo, na illa de Honshū, Xapón, situada na baía de Osaka (397.618 h [1997]). Ten destilarías de sake e produción de aceite vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia responsable da cor encarnada das carnes, que está formada pola reacción dos nitritos coa mioglobina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ucraíno. Destacou pola espectacularidade das súas obras, incluídos os seus saltos e a sensibilidade artística que demostrou. Formou parte do ballet de Diaghilev e despois foi o seu coreógrafo. Destaca a súa interpretación en Sheherazade, en Les Sylphides (1909) e en Le Spectre de la Rose (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Listaxe de nomes de persoas ou cousas.

    2. Listaxe de persoas que traballan nunha empresa e perciben un soldo.

      1. Documento dunha empresa en que se especifica a retribución que corresponde a cada traballador segundo categorías e conceptos.

      2. Retribución económica que o traballador recibe cada mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de abreviaturas da paleografía latina formadas por contracción de palabras de carácter sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nome.

    2. Relativo ou pertencente á nómina.

    3. Que existe de nome pero non na realidade.

    4. cheque nominal.

    5. valor nominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica defendida primeiramente por Roscelin e Pedro Abelardo, fronte ao realista Guillaume de Champeaux (s XIII), e despois por Guillerme de Ockham, fronte ao formalismo de J. Duns Escoto (s XIV). Opúxose a recoñecer nas esencias toda clase de existencia real diferenciada no si dos individuos e, polo tanto, nos conceptos universais, toda clase de valor representativo. Os universais son só palabras ou ben signos naturais mentais. Non obstante a garantía última da verdade radica na sensibilidade, por iso propugnou o empirismo de todos os tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nominalismo

    2. Seguidor do nominalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao título, efecto comercial ou valor mobiliario en que consta o nome da persoa ou a entidade a favor da que son estendidos, en oposición a aqueles en que o posuidor é indeterminado.

    2. Caso que expresa a función gramatical do suxeito, nas linguas flexivas que teñen declinación, como o grego ou o latín. Tamén se denomina caso recto, por oposición aos outros da declinación, denominados oblicuos, que exercen outras funcións complementarias na oración. O nominativo latino, como, o resto dos casos desapareceu nas linguas romances debido a unha simplificación casual no acusativo e ao aumento progresivo do réxime preposicional. En galego perviven restos do caso nominativo nos antropónimos Marco < Marcŭs, Domingos < Dŏmĭnĭcŭs, Pilatos < Pīlatŭs, Xesús < Iesŭs, Carlos < Carolŭs; no substantivo deus > dĕus; nas formas do pronome persoal tónico eu < ĕgō, tu (dialectal) < tū, el < ĭlle, ela < ĭlla, < nōs, vós < vōs e no sistema dos demostrativos este, esta, isto < ĭste, ĭsta, ĭstŭd, ese, esa, iso < ĭpse, ĭpsa, ĭpsŭd...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda cuñada na época bizantina que equivalía ao soldo de ouro de Constantino I o Grande. Foi a unidade monetaria principal do Imperio Bizantino ata 1453. Aceptada en todos os mercados durante a Idade Media, sufriu só algunhas alteracións despois dos Comnenos (ss XI e XII).

    VER O DETALLE DO TERMO