nómina

nómina

(< lat nomĭna, pl denomĭne ‘nome’)

  1. s f

    Listaxe de nomes de persoas ou cousas.

    Ex: A nómina de futbolistas galegos en primeira división non é tan ampla como hai algúns anos.

  2. s f

    Listaxe de persoas que traballan nunha empresa e perciben un soldo.

    Ex: A empresa creceu tanto que xa teñen máis de cen traballadores en nómina.

  3. s f
    1. Documento dunha empresa en que se especifica a retribución que corresponde a cada traballador segundo categorías e conceptos.

      Ex: Para poder cobrar o paro tivo que presentar as nóminas dos últimos meses traballados.

    2. Retribución económica que o traballador recibe cada mes.

      Ex: Ingresáronlle a nómina o luns e o martes xa pagara todo o que debía.

      Confrontacións: salario, soldo.