soldo
soldo
(< lat solĭdu)
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de ouro romana (solidus). O solidus aureus xurdiu da reforma monetaria de Constantino I o Grande. Equivalía a 1/5 da libra de prata e á vez a 24 sílicuas, e continuou cuñándose no Imperio Bizantino.
-
s
m
[NUMIS]
Unidade de conta do sistema carolinxio, que corresponde a 1/20 da libra carolinxia. Dividíase en 12 diñeiros ou ben en 24 óbolos primeiro de prata e despois de billón.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de prata fina que aparece en moitos lugares como consecuencia da reforma monetaria levada a termo por Luís IX de Francia en 1266.
-
s
m
Remuneración que se lle asigna a un individuo en contraprestación a un traballo ou servizo.
Sinónimos: paga, salario.