"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • GALICIA

    Escritor. Catedrático de Literatura Norteamericana da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da Asociación Española para el Estudio de los EE UU (SAAS), da súa produción destacan La novelística de Carson Mc Cullers (1986) e El mundo novelesco de Carson Mc Cullers: soledad, amor e identidad (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Foi redactor e subdirector do semanario Galicia, ademais de colaborador en diversas revistas de emigrantes galegos. Escribiu as pezas teatrais Mala semilla, Por la pendiente (1932), Esfolla na eira, Terra nosa e Adiós ríos (1944-1948), que logo se representaron. Coa peza Mal ollo (1954) gañou o premio Castelao de obras teatrais convocado polo Centro Galego de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Tino Grandío, despois de acadar galardóns nas exposicións provinciais de Lugo de 1944 e 1945 acadou unha bolsa en 1949 da deputación lucense e trasladouse a Madrid, onde se relacionou con Cristino Mallo e outros artistas galegos. As súas primeiras obras foron escenas de xénero e costumistas tratadas cun colorido intenso e cunha rotundidade case escultórica na representación das figuras. Desde a década de 1950 a súa obra evolucionou cara a dúas correntes, a abstracción e a neofiguración, caracterizándose pola monocromía, xeralmente de grises e brancos, polas figuras pouco perfiladas sobre as que se estende a mancha da cor de xeito que semellan flotar ou vaporizarse no espazo e polo reiteramento dos temas, naturezas mortas, paisaxes, mariñas, escenas de interior, retratos e animais; no da abstracción cómpre destacar, entre outras obras, Vaca azul (1951) e a serie dos Espellos (1959-1961). No eido da figuración destacan, entre outras, Romaría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto real situado na serra de Guadarrama, a 11 km de Segovia. Construíuse por orde de Filipe V entre 1721 e 1739. O palacio e a colexiata comezounos Teodoro Ardemans (1723-1725). Isabel de Parma outorgoulle un aire italiano ao conxunto no que traballaron Andrea Procaccini, Sempronio Subiasti, Filippo Juvara e Giovanni Battista Sachetti. En 1740 Isabel de Farnese mandou construír os cuarteis e cortes no lado O, e a finais do s XVIII Juan de Villanueva erixiu a torre do reloxo. Os xardíns, de inspiración francesa ao xeito de Le Nôtre, proxectáronos René Carlier e E. Boutelou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcións que serven para resolver ecuacións diferenciais cando determinadas condicións de contorno se impoñen. O emprego destas funcións permite reducir a resolución dunha ecuación diferencial non homoxénea á dunha ecuación diferencial case homoxénea. A solución desta ecuación é a función de Green.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés do cantón suízo de Graübunden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Inscrito no realismo social, publicou La zanja (1961), Un cielo dificilmente azul (1961) e Otoño indio (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Filosofía e Letras e Enxeñeiro Técnico Industrial, militou no PSOE desde 1960. Foi deputado na lexislatura Constituínte, e da I á VI lexislaturas. En 1982 ocupou a vicepresidencia do goberno español, cargo do que dimitiu en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante francés. Loitou en Grecia (1823) e en Francia converteuse en oficial de dragóns (1830). Foi cronista gráfico e correspondente de Illustrated London News. Converteuse en cronista da alta sociedade e cultivou a acuarela e a augada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos relativos á guerra que resultaron das conferencias internacionais que tiveron lugar na Haia en 1899 e 1907. A primeira reunión (maio-xullo de 1899), convocada polo Tsar Nicolao II, acolleu representantes de 26 países, regulou a guerra marítima, terrestre e aérea, e creou un tribunal permanente de arbitraxe para resolver os litixios internacionais, constituído en 1901, con sede na Haia. Na segunda conferencia (xuño-outubro de 1907), coa asistencia de 44 estados, revisaron os acordos de 1899, e estableceuse que o inicio de hostilidades tiña que ir precedido por unha declaración de guerra. As dúas guerras mundiais manifestaron a ineficacia destes acordos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuacións do movemento dun sistema dinámico de hamiltoniano H, dadas por

    FORMULA

    dqi /dt = ∂H/∂pi,
    e por

    FORMULA2
    dpi /dt = - ∂H/∂qi,
    onde t é o tempo, qison as coordenadas xeneralizadas, e pison os correspondentes momentos canónicos do sistema. Tamén reciben o nome de ecuacións canónicas do movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcións de Bessel de terceira clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcións en O definidas por , onde H n(x) = e-x2 Hn(x) é un polinomio de Hermite ↑ .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Xapón, a máis grande e poboada do arquipélago (231.090 km2; 102.324.971 h [2000]). De orixe volcánica, sitúase entre o Océano Pacífico, ao L, e o mar de Xapón, ao O. O seu relevo é moi montañoso e resólvese nunha serie de volcáns activos que provocan unha intensa actividade sísmica. No centro da illa, cara ao SL, localízase a principal rexión urbana de Xapón, coas aglomeracións de Toquio (capital do país), Yokohama e Kawasaki. No O xorde outra graden área urbana, a de Osaka, Kyoto e Kōbe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe polifacético, emigrou a La Habana onde obtivo os títulos de perito e profesor mercantil na Escuela de Comercio de La Habana. Posteriormente doutorouse en Dereito e foi xuíz. En 1895 fundou a Biblioteca Hispanoamericana de Ciencias Comerciales e dirixiu a revista Galicia. Publicou Tratado de metrología universal y agrimensura práctica, Aritmética práctica e Tratado universal de correspondencia comercial trilingüe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (842-858 e 867-877), fillo de Miguel II. Loitou contra a corrupción e foi desterrado (858), pero foi restaurado no cargo polo Emperador Basilio I de Bizancio. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe visigótica que procede da forma Hildifuns ‘veloz na batalla’, composto de *hildis ‘batalla, loita’ e *funs ‘rápido, veloz’. Destaca con este nome santo Ildefonso de Toledo (607?-667) que se celebra o 23 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo. Discípulo de santo Isidoro, sucedeu o seu tío santo Uxío na sé episcopal de Toledo (657), por orde de Recesvinto, rei dos godos. É un dos santos antigos no culto hispánico (s VIII) e distinguiuse polo seu ardor na devoción da Virxe. Escribiu, entre outras obras, De viris ilustribus e De cognitione baptismi. Na iconografía viste a capa ou o palio dos arcebispos, con mitra e báculo e leva como atributos unha pequena escultura da Virxe cun veo na man; a representación máis repetida é a da Virxe dándolle a casula. A súa festividade celébrase o 23 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bueu baixo a advocación de san Xoaquín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou estado de inconsciente.

    2. Feito ou dito propio de quen é inconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO