"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de análise cualitativa e cuantitativa baseado na cromatografía sobre papel. A sensibilidade de detección foi aumentada pola utilización de substancias marcadas (marcaxe radioactiva) ou pola irradiación do papel con neutróns. Empregouna M. Calvin no estudo da fotosíntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer unha radiografía.
-
-
-
Técnica que consiste en someter un corpo ou un obxecto que se quere examinar á acción dos raios X, co fin de obter unha imaxe súa sobre unha emulsión sensible a esta radiación. O seu fundamento é a análise da absorción diferencial dos raios X experimentada polos diversos compoñentes do obxecto estudado. A radiografía ten moitas utilidades, especialmente en medicina e tecnoloxía. A radiografía médica ou radioloxía permite estudar o interior do corpo. Para poder mellorar o contraste entre os órganos utilízanse substancias de contraste, como o sulfato de bario, que se emprega na observación do tubo dixestivo, ou como algúns preparados de iodo, que se usan na observación do aparato urinario. En radiografía industrial emprégase para determinar as variacións de composición química ou os defectos internos dos materiais, detectar a falta de uniformidade das superficies, a calidades das soldaduras ou dos axustes, observar oclusións gasosas, porosidades ou inclusións de...
-
Imaxe que se obtén mediante a radiografía.
-
-
Descrición feita con rigor e profundidade dunha situación ou dun feito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á radiografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba non destrutiva con raios X para detectar defectos internos das pezas metálicas. É a radiografía aplicada ás pezas metálicas e permite rexistrar nunha película sensible os defectos delas en función da absorción anómala dos raios X polo metal da peza. Para as pezas pesadas ou de formas complicadas emprégase especialmente a gammagrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transmitir un radiotelegrama mediante o emprego de ondas electromagnéticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de comunicación telegráfica entre dous ou máis lugares mediante unha transmisión con ondas radioeléctricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á radiotelegrafía.
-
-
Técnico en radiotelegrafía.
-
Persoa encargada de transmitir radiogramas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telégrafo sen fíos que se emprega en radiotelegrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Royal Air Force.
-
-
Parte inerior e branda do pan.
-
Cantidade pequena de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arcanxo. Aparece no Libro de Tobías como o seu protector e compañeiro de viaxes, inimigo do espírito maligno Asmodeo e como sandador (o seu nome quere dicir ‘Deus sandou’) da cegueira do pai e da muller de Tobías. Iconograficamente represéntase con ás e longa cabeleira e, nas representacións góticas, viste dalmática tradicional e nas posteriores só leva unha túnica cinguida. Como gardián de Tobías leva unha lanza e o neno da man, como atributo persoal. Considérase o patrón dos viaxeiros. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raffaello Sanzio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual que convoca a Deputación da Coruña desde 1991, coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, en lembranza do autor rianxeiro, para autores que presenten obras inéditas e non premiadas, escritas en lingua galega. Dos galardoados, cómpre salientar Roberto Vidal Bolaño, con Doentes (1997) e Días sen gloria (1992); Xavier Lama, con O serodio remordemento do amor (1995); e Gustavo Pernas Cora, con Footing (2001).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que provén do hebreo Rephâ’el ‘Deus sandou a miña dor’ e que se lle poñía ao fillo que nacera despois da morte doutro, ou ‘Deus sandou os meus males, os meus pecados’. Presenta os hipocorísticos: Rafa, Felo, Felucho e Lucho.
-
-
Relativo ou pertencente ao pintor Rafael (Raffaello Sanzio).
-
Aplícase á obra que polo seu estilo lembra ao de Rafael (Raffaello Sanzio).
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir de 1914. Cesou ao redor de 1920. Subtitulado “Semanario satírico”, editouse baixo a dirección de Ramón Campos, Miguel Campos e Ceferino Maestú. Incluíu contos e poesías nun ton satírico.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (3.414 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos de horta e nos cítricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Liña de sutura que se produce entre dúas partes ou órganos dun animal.
-
-
Resalte que presentan na marxe, desde o fío ata a calaza, moitos primordios seminais anatropos e as sementes conseguintes, e que resulta da concrescencia do funículo co primordio seminal.
-
Fisura lonxitudinal que presentan as valvas de certas diatomeas.
-
-
Suco que se forma na superficie dorsal dos embrións durante a néurula, en que se aloxará o cordón nervioso dorsal.
-