"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de León, Castela e León (2.837 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camiño angosto que se utiliza para o paso de peóns e gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ditame ou declaración solemne pronunciada por un xurado durante un proceso xudicial. Debe conter os feitos alegados polas partes implicadas, declarándoos probados ou non, os feitos que poden determinar a estimación dunha causa de exención de responsabilidade e os que determinan o grao de execución, participación e modificación da responsabilidade, así como o feito delituoso polo que o acusado debe ser declarado culpable ou non culpable.

      2. veredicto de inculpabilidade

        Ditame que pronuncia o xurado en descargo do reo, liberándoo de todos os capítulos de acusación.

    1. Xuízos emitidos por alguén con autoridade na materia que é tratada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudou medicina e filosofía e letras en Santiago de Compostela e colaborou no Diario de Santiago, que dirixiu en 1878, La Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1880 trasladouse a Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo, diario de Castelar. Posteriormente foi redactor de El Liberal, ata que en 1907 pasou a dirixir a Sociedad Editorial de España. Republicano federal, foi deputado polo distrito de Santa Cruz de Tenerife (1911-1914) e polo de Ordes (1914-1918). Publicou Recuerdos 1868-1875 (1876), Orillas del Ulla e Las dos aceras del estrecho de Gibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, conde de Vigny. O seu primeiro poema, Éloa ou la soeur des anges (1824), foi simbólico. Dentro das súas novelas destaca a histórica Cinc-Mars (1826), Stello (1832), que o consolidou como novelista, e o drama Chatterton (1835). Algunhas outras obras foron Servitude et grandeur militaires (1835) e Jounal d´un poète (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Especializouse no estudo da arquitectura e da cidade nos seus aspectos histórico-artísticos desde o s XVI ata o s XX, fundamentalmente no s XVIII. Foi asesor histórico-artístico do Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Barrio da Madalena de Ferrol e da reconstrución virtual do Arsenal de Ferrol, e director de diversos proxectos de investigación. Das súas obras destacan Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1984) e La arquitectura de la Ilustración. Clasicismo y Neoclasicismo (1995); ademais coordinou Fontes escritas para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo en Galicia (séculos XI-XX) (2000) e dirixiu Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo. Galicia en los siglos XVI y XVII (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático británico, conde de Clarendon (1838). Como embaixador do seu país en Madrid (1833-1839), interveu na vida política española en favor dos liberais. Foi gobernador de Irlanda (1847-1852) e ministro de Asuntos Exteriores (1853-1858), durante a Guerra de Crimea e noutras ocasións (1865-1866 e 1868-70).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio de Janeiro, Brasil, á beira do río Paraíba do Sul (255.695 h [estim 2005]). É o principal centro siderúrxico de Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e pintor holandés. Fixo deseños arquitectónicos e de mobles e ornamentacións para gravados. Pintou cadros con construcións arquitectónicas fantasiosas. Escribiu Artis perspectivae formulae (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Especializado en fisioloxía e farmacoloxía do sistema nervioso, describiu un tipo de atrofia muscular progresiva, denominada síndrome ou signo de Vulpian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeofísico e meteorólogo alemán. Ideou a teoría da deriva continental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico suízo de orixe alsaciana. Estudou os complexos inorgánicos de cromo, cobalto, platino e ferro, e tamén as valencias ou a estereoquímica. Recibiu o Premio Nobel de Química (1913) polos seus traballos sobre os enlaces dos átomos nas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico estadounidense. En 1950 adiantou unha teoría sobre a natureza do núcleo dos cometas   denominada modelo da bóla de neve sucia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático inglés. O seu primeiro campo de reflexión foi o dos fundamentos da matemática, en que seguiu as ideas de Peano, G. Cantor e Frege. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Foi o iniciador do neorrealismo inglés. Escribiu An Enquiry Concerning the Principles of Natural Knowledge (1919), Science and Modern World (1925) e The Aims of Education (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Peludo (? 840 - 897) Conde de Cerdaña e de Urgell (870?-897), de Barcelona, de Girona (Wifredo II) e de Besalú (878-897). Gobernou como vasalo dos francos a Marca Hispánica. Sucedeuno o seu fillo Wifredo II (897-911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e biólogo británico. Fixo estudos sobre a difracción dos raios X que permitiron a Watson e Crick propoñer un modelo nuclear do ácido desoxirribonucleico (1953). En 1962 compartiu con estes dous investigadores o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tamén traballou na separación de isótopos de uranio para o proxecto Manhattan que creou a bomba atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador inglés. Participou na expedición ao macizo de Ruwenzori (África Oriental), organizada polo British Museum, e ascendeu o cume que leva o seu nome (4.659 m).

    VER O DETALLE DO TERMO