"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (8.066 km2; 416.300 h [estim 2000]). A súa capital é Kasserine (47.606 h [1984]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán da illa de Sumatra, Indonesia, no macizo de Barisan. O seu cumio acada os 3.805 m de altitude.
-
PERSOEIRO
Mariscal alemán. Foi un dos creadores da Luftwaffe e converteuse en xefe do Estado Maior (1936). Entre 1939 e 1941 dirixiu a primeira e a segunda flotas aéreas nas campañas contra Polonia, Francia e Rusia. Condenado a morte por un tribunal británico (1947), conmutóuselle a pena en 1952.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Kyoto 1658 - 1716) Pintor xaponés. Foi un dos introdutores en Xapón da técnica chinesa de pintar sobre seda e de combinar a tinta chinesa coa augada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Narovcat, Penza 1870 - Moscova 1938) Escritor ruso. Denunciou a miseria do pobo en Čudeznyj doktor (Un médico marabilloso, 1897) e o triste destino do soldado en Nočnaja smena (O torno de noite, 1899). Protestou contra a explotación obreira en Molokh (1896) e contrapuxo a civilización corrupta da cidade burguesa á vida pura da natureza en Olesja (1898). É tamén autor das novelas Pojedinok (O duelo, 1905), Granatovyj braslet (O brazalete ilustre), Sulamit’ (Sulamita, 1908) e Jama (A esterqueira, 1909-1915).
-
PERSOEIRO
Político e historiador italiano. Participou nos motíns sicilianos de 1837 e despois da Revolución de 1848 formou parte do goberno provisional. Exiliado en Francia e Turín, integrouse no proxecto unificador de Cavour e foi secretario da Sociedade Nacional (1857). En 1860 foi membro do Consello de Estado e deputado do Parlamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos laberintodontos.
-
Anfibio da subclase dos laberintodontos.
-
Subclase de anfibio fósil, primeiro en colonizar o medio terrestre, entre finais do Devónico ata principios do Xurásico; extinguíronse completamente no Triásico. Caracterízanse por posuír dentes cónicos, con estrutura interna labiríntica (en sección transversal).
-
-
-
Relativo ou pertencente ao labirinto.
-
Que é intricado e inextricable como un labirinto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de labirinto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do labirinto, producida case sempre por complicación dunha otite.
-
-
-
-
Circuíto con camiños intricados que, unha vez dentro, fan difícil atopar a saída.
-
Cousa confusa e enleada.
-
-
Conxunto de estruturas no interior do óso temporal que constitúen o oído interno. Consta dun compoñente membranoso (labirinto membranoso), que contén no seu interior a endolinfa, e está rodeado polo compoñente óseo (labirinto óseo), do que está separado pola perilinfa. No labirinto distínguense a denominada cóclea ou caracol pola súa forma en espiral, encargada da audición; e o vestíbulo, constituído polo utrículo, o sáculo e os canais semicirculares, na parte posterior, que participan no mantemento do equilibrio corporal.
-
Xuntura estanca para fluídos que se emprega para unir órganos fixos e móbiles, que está provista dunha serie de paredes e compartimentos que producen unha forte caída de presión.
-
Gravado formado por liñas complexas con finalidade simbólica.
-
Motivo decorativo formado por liñas en ángulos rectos ou en espirais, semellantes aos meandros, pero cun desenvolvemento radial.
-
Lousa de carácter decorativo que se colocaba no cruceiro dalgunhas igrexas medievais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en Mogor (Marín). Atópase sobre unha rocha de granito e presenta un labirinto con sucos profundos e anchos con cazoleta central, de tipo Tagliatella. Ademais hai outras cinco combinacións circulares, círculos sinxelos, cazoletas illadas e outras figuras. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
-
-
Relativo ou pertencente aos labirintomorfos.
-
Protozoo da rama dos labirintomorfos.
-
Rama de protozoos que comprende especies coloniais, a maioría mariñas, que se desprazan mediante unha estrutura mucilaxinosa extracelular, segregada por uns orgánulos especiais, aínda que tamén existen estadios flaxelados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fallo repentino, total e definitivo do oído interno a causa de trastornos vasculares ou ben de infeccións víricas. Maniféstase con xordeira total e vertixe.
-
-
Relativo ou pertencente aos labirintulomicetos.
-
Fungo da clase dos labirintulomicetos.
-
Clase de fungos da división dos mastigomicotas que forman plasmodios reticulares pluricelulares orixinados pola división de células biflaxeladas dentro dun envoltorio mucilaxinoso. Son saprófitos ou parasitos que viven sobre algas ou fanerógamas mariñas. Comprende as ordes das traustroquitriais e a das labirintuais.
-
-
RIOS
Río da vertente atlántica. Nace na Lagoa Mol (A Retorta), no límite entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Cabral (Vigo). O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que atravesa as parroquias viguesas de Lavadores, Sárdoma (onde recibe o seu principal afluente, o Eifonso, que baixa de Beade), Castrelos (onde aflúe o Barxas), Matamá, Santo André de Comesaña, Navia e Coruxo. Desemboca na ría de Vigo, no límite entre estas dúas últimas parroquias, despois dun percorrido de 14 kms. Na súa desembocadura forma unha xunqueira ao S da praia de Samil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santo Eusebio da Peroxa (Coles). A súa planta é irregular, produto dos diversos engadidos á obra orixinaria. De dúas alturas, na planta baixa hai dous arcos, un deles cego e outro que serve de acceso e sobre eles mantéñense dous escudos. A fachada sitúase unida a un corpo un pouco máis alto cuberto a catro augas. Conserva dúas solainas descubertas. Relaciónase cos Nóvoa, Puga, Vilamartín, Toubes, Temes, Rajoy, Deza, Cadórniga, Bóveda e Salgado.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Loña do Monte (Esgos). O seu cumio acada os 733 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido formado por monómeros de â-D-glicosa, que se atopa nalgunhas algas mariñas e sobre todo nas algas do xénero Laminaria.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arteixo. Construída en estilo románico a finais do s XII ou principios do s XIII, ten planta de nave única e ábsida rectangular. O arco de triunfo é apuntado e a porta principal está formada por arquivoltas, a máis externa decorada.
VER O DETALLE DO TERMO