"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
PERSOEIRO
Nobre e funcionario, conde de Salvatierra e señor de Sobroso. Vicerrei de Nova España (1642-1648), dirixiu unha expedición a California con poucos resultados e fundou a cidade de Salvatierra (1647). Foi vicerrei de Perú (1655-1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso, fillo dos marqueses de Valladares. Foi inquisidor xeral (1669-1695), auditor do Tribunal de La Rota en Roma, vigairo na corte de Sicilia, bispo de Oviedo e Plasencia, e membro do goberno durante a minoría de idade de Carlos II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Moctezuma e duque de Atrisco, coa grandeza de España. Foi vicerrei de Nueva España, membro do Consello Real e presidente do Consello de Indias. En 1702 participou na Batalla de Rande.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor arxentino. Enfrontouse á oligarquía local e á ditadura de Rosas e, exiliado en Chile, organizou a primeira escola normal (1842). Foi gobernador de Bos Aires e ministro do goberno provincial, gobernador de San Juan, ministro de Estado (1860) e embaixador en Washington. En 1868 foi elixido presidente da república. Publicou Facundo. Civilización y Barbarie (1845), Mi defensa e Recuerdos de provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Joseph García Balboa.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Tui (1523), Badajoz (1524) e Palencia (1525), e capelán de Carlos I. En 1534 foi nomeado arcebispo de Santiago e en 1536 cardeal dos Doce Apóstolos polo Papa Paulo III.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Enfermidade cutánea contaxiosa, común ao ser humano e a diferentes animais, que se caracteriza por pequenas vesículas e esfoladuras que causan un forte proído, principalmente pola noite. Débese aos ácaros Sarcoptes scabiei e S. hominis, e a localización típica é nos pregos interdixitais e axilares.
-
Enfermidade das plantas que se caracteriza por presentar alteracións da casca. Aplícase principalmente ás enfermidades de tubérculos de pataca, como a sarna ordinaria ou actinomicose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar sagrado do budismo no estado de Uttar Pradēsh, India, situado a 6 km ao N de Benarés, onde Buda iniciou a predicación. Destacan a columna de Asoka (s III a C) e numerosas estatuas do Buda de Mathūra.
-
-
Que ou quen padece ou ten sarna.
-
Que ou quen é ruín ou avarento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
sarnento.
-
GOLFOS
Ou golfo de Egina Golfo situado en Grecia meridional que se abre entre Argolia e Ática. A través do canal de Corinto está comunicado co golfo de Corinto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período de tempo que tras a sucesión de eclipses de Sol e de Lúa se repite novamente. Os primitivos astrónomos de Mesopotamia observaron que se se consideraba un período de tempo de 223 lunacións, a serie de eclipses deste período repetíase case coas mesmas características ao longo das 223 lunacións seguintes. A duración dun saros equivale a 18 anos, 11 días e 18 horas, é dicir, 6.585,32 días.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos espáridos, ao que pertence a soupa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe homérico. Xeneral do exército licio aliado de Príamo, foi asasinado por Patroclo e devolto a Licia polo Soño e a Morte.
-
PERSOEIRO
Historiador. Entrou nos servitas (1566), onde cambiou o nome polo de Paolo. Lector en teoloxía (1574) e doutor (1578), foi provincial dos servitas (1589) e teólogo da república de Venecia (1606). Escribiu Istoria del concilio di Trento (1608-1619).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas carnívoras, da familia das sarraceniáceas, de follas transformadas en ascidios, de flores solitarias e pentámeras e de froitos en cápsula loculicida. Son propias da costa oriental de América do Norte, e na Península Ibérica aparece a especie Sarracenia purpurea.
-
-
Relativo ou pertencente ás sarraceniáceas.
-
Planta da familia das sarraceniáceas.
-
Familia de plantas herbáceas carnívoras, da orde das nepentais, propias de terreos pantanosos, coas follas transformadas en ascidios, de flores basicamente pentámeras e de froitos capsulares. É unha familia exclusivamente americana á que pertencen dous únicos xéneros Sarracenia e Darlingtonia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sarracenos.
-
Membro da tribo sarracena.
-
Tribo do norte de Arabia. Con este termo designábase aos árabes que vivían en Al-Andalus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘café’.
-
FAMILIAS
Familia de canteiros do s XVIII orixinaria de Santiago de Loureiro (Cotobade). Destacaron especialmente os irmáns Lourenzo e Pedro Sarrapio , que realizaron diferentes obras de cantaría e arquitectura na catedral de Tui, das que destacan a reedificación dunha torre e o arranxo da capela de San Telmo. Tamén destacou Manuel Antonio Sarrapio , mestre de obras na igrexa de San Xoán de Amorín (1780).
VER O DETALLE DO TERMO