sarna
sarna
(
-
s
f
[PAT]
Enfermidade cutánea contaxiosa, común ao ser humano e a diferentes animais, que se caracteriza por pequenas vesículas e esfoladuras que causan un forte proído, principalmente pola noite. Débese aos ácaros Sarcoptes scabiei e S. hominis, e a localización típica é nos pregos interdixitais e axilares.
Sinónimos: acariase, raña. -
s
f
[BOT]
Enfermidade das plantas que se caracteriza por presentar alteracións da casca. Aplícase principalmente ás enfermidades de tubérculos de pataca, como a sarna ordinaria ou actinomicose.
Frases feitas
-
Ser peor ca a sarna. Ser insoportable e moi malo.